Sonia Molanes

piragüista española

Sonia Molanes Costa, nada en Cangas o 28 de maio de 1980, é unha ex-piragüista galega. Foi dúas veces campioa do mundo no K2 200 metros, en 2001 e 2002, tres veces campioa de Europa e participou nos Xogos Olímpicos de 2008.

Infotaula de personaSonia Molanes
Biografía
Nacemento28 de maio de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Cangas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
2008Xogos Olímpicos de 2008 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Monumento homenaxe a Sonia Molanes e outros padexeiros olímpicos de Aldán

Comezou de nena no deporte do piragüismo, no Club Náutico de Rodeira, e aos trece anos fichou polo Club Mar Ría de Aldán, un dos principais conxuntos de piragüismo a nivel galego e estatal, onde tamén remaban David Cal ou Teresa Portela. En 1995 empezou a adestrar de forma semiprofesional no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, e ao ano seguinte fichou polo Kayak Tudense.

O seu primeiro campionato de España de piragüismo conseguiuno ese mesmo 1996. En xullo de 2001 proclamouse campioa de Europa de K2 200 metros no Campionato Europeo celebrado en Milán, xunto á sevillana Beatriz Manchón. Ademais foron prata na proba dos 500 metros.[1]

Un mes despois, no Campionato Mundial celebrado en Poznan, coroouse campioa do mundo xunto a Manchón no K2 200 metros. No mesmo campionato participou tamén nas probas de 500 e 1000 metros, logrando o bronce nas dúas distancias.[2] Ao ano seguinte en Szeged, revalidou o ouro europeo en K2 200, ao que sumou un ouro en K4 200, formando equipo con Manchón, Teresa Portela e María García, e un bronce en K2 500. No Mundial disputado en agosto en Sevilla, gañou o seu segundo título mundial en K2 200, ademais da prata en K4 200 e dous bronces en K2 500 e K4 500.[3]

Logo de obter unha nova medalla de bronce nos campionatos de Europa de Milán, en 2008, na categoría de K-4 500m, clasificouse para disputar os Xogos Olímpicos de Pequín. Fíxoo en dúas categorías: na primeira delas, o K2 500, participou con Beatriz Manchón, sen conseguir meterse na final;[4] pola contra, no K4 500, conseguiu un diploma olímpico ao rematar quinta na final, formando equipo con Beatriz Manchón, Teresa Portela e Jana Smidakova.[5]

No ano 2009 conseguiu a súa oitava e derradeira medalla nun Mundial. Foi na proba de K4 500 metros, onde se fixo coa medalla de bronce.[6] Ao ano seguinte logrou tamén o bronce no europeo, na mesma distancia.

Palmarés internacional editar

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Proba
2001   Poznan   Ouro K2 200m
  Bronce K2 500m
  Bronce K2 1000m
2002   Sevilla   Ouro K2 200m
  Prata K4 200m
  Bronce K2 500m
  Bronce K4 500m
2009   Dartmouth   Bronce K4 500m
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Evento
2001   Milán   Ouro K2 200m
  Prata K2 500m
2002   Szeged   Ouro K2 200m
  Ouro K4 200m
  Bronce K2 500m
2008   Milán   Bronce K4 500m
2010   Trasona   Bronce K4 500m

Notas editar

  1. "Teresa Portela y Sonia Molanes se alzan con el título europeo". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xullo de 2002. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  2. "Manchón y Molanes, oro en K-2". ABC (en castelán). 27 de agosto de 2001. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  3. "Palmarés do Campionato do Mundo de Piragüismo" (PDF). bcu.org.uk (en inglés). Archived from the original on 13 de xaneiro de 2016. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  4. "K2 500 nos Xogos Olímpicos de 2008". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  5. "K4 500 nos Xogos Olímpicos de 2008". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  6. "Bronce dulce para Portela y Molanes". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de agosto de 2009. Consultado o 12 de agosto de 2021.