Un soneto é un subxénero da lírica consistente nunha composición poética de catorce versos hendecasílabos (de once sílabas), dispostos en dous cuartetos e dous tercetos. Pode ter rima abba abba cdc dcd, abba abba cde cde, abba abba cde edc (soneto italiano)[1], abba abba ccd eed, abba abba cdc ede (soneto francés) ou abab cdcd efef gg (soneto inglés, cuxas dúas primeiras estrofas son serventesios)[1].

Aires da miña terra, de Curros. 2ª ed., de 1881.

Francesco Petrarca[2] foi o máis famoso autor de sonetos.

Posteriormente diversos autores contribuíron á renovación rítmica e estílistica do soneto. Entre os máis salientábeis figura Charles Baudelaire, do que se pode destacar:

  • Sur les débuts d'Amina Boschetti con rima AABB AABB CCD EDE

Uso na literatura galega editar

Como estrutura poética culta, o soneto ten sido empregado por diversos autores. Xa Manuel Curros Enríquez no seu poemario Aires da miña terra, publicado no 1880, inclúe sonetos de rima tradicional: abba abba cdc dcd. Como exemplo pódense citar os sonetos Pelegrinos, a Roma, Diante unha imaxe de Íñigo de Loyola ou A Luciano Puga.

Porén foi Ramón Cabanillas quen máis traballou esta estrutura. No seu poemario Da terra asoballada pódense atopar sonetos con rima tradicional abba abba cde cde, por exemplo os sonetos O noso señor Santiago e ¡Pondal! Mais tamén hai exemplos de soneto francés con rima abba abba cdc ede (como os poemas A Rosalía de Castro, A Brañas) e de soneto francés en rima abba abba ccd eed (como o poema A Don Manuel Murguía).

Outros exemplos editar

Notas editar


 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.