Sonda solar Parker

A Sonda solar Parker é un vehículo da NASA lanzado en 2018 cun foguete Delta IV,[1] dentro do proxecto Parker Solar Probe, enviado para aproximarse en sucesivas órbitas, ata 24, á viciñanza do Sol. Na súa décima pasada, o 21 de novembro de 2021, a sonda achegarase a uns 8,5 millóns de km do Sol, a unha velocidade de 165 km·s-1, despois dunha corrección de dirección ó paso pola viciñanza de Venus.[2] Espérase que en decembro de 2024 acade a máxima aproximación ó Sol, a unha distancia de 6,5 millóns de km e unha velocidade duns 690 000 km·h-1.

Orientación da nave en diferentes posicións.
Orientación da nave en diferentes posicións.

A sonda leva instrumentos para medir o vento solar. Por métodos indirectos (o plasma xerado a partir dos choques coa sonda), pode inferir a cantidade de po na viciñanza do Sol, que é maior da esperada. A máis dos instrumentos, ten unha pantalla que os protexe do Sol, e un sistema de orientación para reorientarse de xeito autónomo, algo necesario debido a que os impactos do vento solar poden facer xirar a nave en tan só 30 s a pouco que se desequilibre, o que entre outros efectos causaría a destrución do instrumental.[1] Asemade, hai períodos que non pode comunicarse coa Terra por mor de estar rodeado de potente radiación solar, equivalente a un forte berro fronte ó débil rumor que sería o sinal do aparello.

O proxecto, e polo tanto, a sonda, foi construída e é operada por APL (Aplied Physicis Laboratory, Laboratorio de Física Aplicada da NASA).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Schirber, Michael (2021-12-14). "How to Survive Flying Too Close to the Sun". Physics (en inglés) 14. 
  2. Press, Europa (2021-11-15). "Space Dust Presents Opportunities, Challenges as Parker Solar Probe Speeds Back toward the Sun". NASA. Consultado o 2021-11-19.