Sonda interestelar

Unha sonda interestelar é unha sonda espacial que pola súa traxectoria se dirixe fóra do Sistema Solar[1]. O primeiro estudo de deseño para crear unha sonda interestelar propiamente dita foi o Proxecto Dedalus que realizaron entre 1973 e 1978 científicos británicos da British Interplanetary Society dirixidos por Alan Bond[2]. As sondas interestelares actuais creáronse co propósito de explorar o noso propio Sistema Solar, mais despois de completar a súa misión pola súa traxectoria diríxense fóra del, a primeira foi a Pioneer 10 e calcúlase en 80.000 anos o que tardaría, se perdurase, en chegar á estrela máis próxima[3]. As distancias que ten que percorrer non se miden en quilómetros, senón en unidades astronómicas (UAs). A equivalencia aproximada é: 1 UA son 150 millóns de quilómetros.

Sondas interestelares que máis se afastaron da Terra editar

Distancia á Terra Obxecto Lanzamento Velocidade En funcionamento?
126,811 UA Voyager 1 5 de setembro de 1977 (Cabo Cañaveral, Florida) 17,026km/s Si  
110,217 UA Pioneer 10 3 de marzo de 1972 (Cabo Cañaveral, Florida) 12,014 km/s Non  
103,933 UA Voyager 2 20 de agosto de 1977 (Cabo Cañaveral, Florida) 15,411 km/s Si  
89,709 UA Pioneer 11 6 de abril de 1973 (Cabo Cañaveral, Florida) 11,343 km/s Non  
28,659 UA New Horizons 19 de xaneiro de 2006 (Cabo Cañaveral, Florida) 14,914 km/s Si  

Galería editar

Notas editar

  1. Stephen Eales Origins. Springer, 2007, páxina 54.
  2. David J. Darling The Complete Book of Spaceflight. John Wiley and Sons, 2002, páxina 96.
  3. Carl Sagan e Jerome Agel Carl Sagan's Cosmic Connection. Cambridge University Press, 2ª ed, 2000, páxina 164.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar