Sombreiro

Prenda de vestir que se coloca na cabeza

Un sombreiro ou chapeu é unha peza de vestir que se utiliza especificamente para cubrir a cabeza, xa sexa do sol ou do frío.

Sombreiro de palla.

Historia e orixes editar

Os primeiros sombreiros teñen as súas orixes nos imperios antigos; no Antigo Exipto xa se utilizaban diversos tipos de tocados, pero un dos máis recoñecidos antecedentes deste accesorio foi o gorro frigio, un sombreiro de orixe frigio que foi utilizado polos gregos para simbolizar que todo aquel que o portase era un escravo ao que se lle outorgou a súa liberdade. En Grecia tamén xurdiron o píleo (Pilleus) e o pétaso (Petasus), sendo o petaso o primeiro sombreiro que tiña á.[1]

O sombreiro xorde como unha necesidade para protexerse do sol e da choiva, principalmente entre o campesiñado. Os primeiros sombreiros eran fabricados principalmente de feltro e de la.

En tempos de Carlos VI de Francia comezaron a usarse sombreiros no campo. No de Carlos VIII introduciuse o seu uso nas cidades pero tan só en tempo de choiva. No reinado de Lois XI xa se xeneralizaron máis e levaban en todo tempo estendéndose o seu uso ás nacións veciñas.

Máis adiante, o uso do chapeu foi xeneralizándose variando a forma segundo a época. A principios do século XX usábase comunmente en todo o mundo civilizado. O seu uso atópase en retroceso desde entón, transformando a súa utilidade dunha funcional a un accesorio de moda.

Partes editar

Un sombreiro pode constar ou non dos seguintes elementos.[2]

  • Coroa ou copa: É a parte superior do sombreiro que se adapta á forma do cranio, limitando a súa circunferencia. Esta pode ter diferentes formas, regularmente redonda, cónica ou truncada.
  • Bordo ou á: Consta dunha superficie que percorre a circunferencia do sombreiro. Cumpre a función de protexer ao que o porta dos raios solares. O termo á tamén é aplicado á parte lateral dalgúns chapeus como o chullo e o ushanka, que ten a finalidade de protexer ou cubrir as orellas do frío.
  • Banda suave: É a parte interna do chapeu, habitualmente coñecida como badana[3]. Está feita de materiais suaves que entra en contacto directo co cranio e que ten a finalidade de axustar correctamente o sombriro á cabeza e deter a suor.
  • Banda, touca ou cinto: É a cinta ou adorno que se coloca ao redor da copa, entre a coroa e o bordo. Serve para darlle forma ao sombreiro, evitando que se ensanche ou como simple ornato.
  • Viseira ou á frontal: É a superficie frontal de certos tipos de sombreiros que serve para bloquear os raios solares. É un elemento común nas gorras.
  • Barboqueixo ou barbiqueixo - Cinta para suxeitar o sombreiro que se pasa por debaixo do queixo, especialmente para cascos e similares.

Tipos editar

Imaxe Nome Descrición
  Akubra É unha variante australiana do sombreiro dos vaqueiros, utilizado para protexerse dos raios solares. Usualmente é confeccionado en feltro e cun á grande.
  Bicornio É un sombreiro antigo que consta dun bordo dobrado, utilizado polas forzas armadas dos Estados Unidos e Francia no século XVIII. É asociado con Napoleón Bonaparte.
  Bombín, fungo Tipo de sombreiro clásico confecciónado en feltro que se compón dun á estreita e unha coroa redonda. É popular desde finais do século XIX e os primeiros anos do século XX. É asociado con Charles Chaplin.
  Boonie Sombreiro de tea de algodón que se compón dun bordo amplo que protexe ao portador dos raios solares. Variante moderna do chambergo, utilizada como parte do uniforme militar de campo dalgunhas forzas armadas de diferentes países.
  Boss of the Plains Foi deseñado por John Batterson Stetson para resistir todo tipo de clima e fabricado no período do Salvaxe Oeste nos Estados Unidos.
  Bucket ou sombreiro de pesca Fabricouse en tea de algodón e ten un bordo colgante que cae fronte ao rostro. É utilizado popularmente para protexerse do sol durante a pesca.
  Canotier É de palla, ten ás rectas e copa baixa e plana rodeada frecuentemente por unha cinta negra. Foi usado por cabaleiros nos anos 20. Na actualidade é preferido polas señoras.
  Capotain Ten coroa alta en forma de cono truncado que usualmente contiña un cinto ao redor da base da coroa. Formaba parte da vestimenta do século XVI e XVII.
  Chambergo Sombreiro de feltro ou tea utilizado entre os séculos XVII e XIX. Constaba dun bordo amplo deseñado para cubrir ao portador dos raios solares.
  Chupalla Sombreiro tradicional de Chile comunmente utilizado por gandeiros e xinetes.
  Deerstalker É utilizado para a práctica da caza. É popularmente identificado como o sombreiro de Sherlock Holmes.
  Fedora, flexible Sombreiro masculino de feltro con coroa picada e cunha cinta ao redor da base da coroa. Formaba parte da vestimenta usual masculina durante a primeira metade do século XX.
  Gat () É un sombreiro de bordo amplo utilizado tradicionalmente por homes en Corea.
  Hardee Hat Foi utilizado para identificar ás tropas do Exército da Unión na Guerra de Secesión.
  Homburg Sombreiro masculino formal de principios do século XX confeccionado en feltro, moi similar a un fedora. Caracterízase pola hendidura central na copa e ausencia das melladuras laterais do fedora.
  Jaapi Tradicional en Assam, India. Usualmente é fabricado en palla e adornado con listóns e abelorios.
  Mitra Indumentaria utilizada por clérigos da Igrexa católica, a Igrexa ortodoxa e a Comuñón anglicana.
  Monteira Sombreiro tradicional tecido que formou parte da indumentaria tradicional da Península Ibérica. Asociado cos practicantes profesionais da tauromaquia.
  Nón lá ou 斗笠 Sombreiro de palla en forma cónica tradicional en Asia, principalmente na China, o Xapón, Vietnam, Corea e Indonesia. Mantense adherido á cabeza cunha banda de seda que se suxeita por baixo da mandíbula.
  Porkpie É de palla ou feltro de á estreita e levantada en todo o seu contorno e coroa plana. Débelle o seu nome ao tradicional pastel de carne británico.
  De campaña Sombreiro de á ampla fabricado en feltro que é utilizado para distinguir a algúns membros do exército dalgúns países.
  Trilby Similar ao fedora pero de á estreita (aproximadamente de 3 - 4 cm), Leonard Cohen usábao.
  Cloché Sombreiro feminino en forma de campá, parecido a un sombreiro de pesca que era frecuentemente utilizado polas flappers na Era do Jazz na década dos anos 20.
  De copa alta Confeccionado en feltro, seda ou pel, componse dunha coroa cilíndrica e un bordo semicurvo. Foi popular na moda masculina entre os séculos XVIII e XX.
  Cordobés Sombreiro tradicional de Córdoba.
  De charro Sombreiro tradicional mexicano de bordo amplo. Asociado cos Mariachi.
  Pamela Sombreiro feminino redondo caracterizado pola súa ampla á, realizado en tecidos vexetais ou en feltro si trátase dunha pamela de inverno. En ocasións profusamente decoradas con lazos ou flores.
  Panamá É confeccionado a man por artesáns con palla touca, usando métodos tradicionais, tamén algúns o coñecen como jipijapa. Existen diferentes modelos como o clásico, plantación, aguacate, optimus, gambler, coco e Brasil.
jipijapa Sombreiro tradicional confeccionado nas localidades de Montecristi e Jipijapa da provincia de Manabí na República de Ecuador con follas trenzadas de palma, a confección tamén se estende á provincia de Azuay nas localidades de Sigsig, Gualaceo e Conca.
  Bandullo de burro Sombreiro tradicional arxentino utilizado polos gauchos.
  Stetson, sombreiro vaqueiro, sombreiro texano, occidental ou norteño É de copa picada e bordo semicurvo. Utilizado nas zonas rurais do sur dos Estados Unidos e o norte de México desde finais do século XIX.
  De cogollo Típico de Venezuela.
  Vueltiao Típico de Colombia.

Notas editar

  1. "Historia dos sombreiros". Hats UK (en inglés). Archived from the original on 04 de xaneiro de 2012. Consultado o 03 de xuño de 2020. 
  2. "Partes de los sombreros". Sombreros.us (en español). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2017. Consultado o 03 de xuño de 2020. 
  3. "Definición de badana". Worldreference (en español).