Som kirguiz

moeda de Kirguizistán
Som kirguiz
Кыргыз сом en kirguiz
[[Ficheiro:|126px]]
Código:KGS
Ámbito: Kirguizistán
Símbolo:[1]
Fracción:100 Tyiyn.
Moedas:1, 10, 50 tyiyn, e 1, 3, 5 e 10 som
Billetes:1, 5, 10, 20, 50, 100, 200, 500, 1.000 e 5.000 som
Emisor:Banco Nacional da República Kirguiz
Taxa de troco:
1 USD = 62,44 KGS
1 EUR = 68,46 KGS
Troco actual

O Som kirguiz (en kirguiz: сом) é a moeda de curso legal en Kirguizistán. O seu código ISO 4217 é KGS. O som divídese en 1000 tyiyn (тыйын). O som instroduciuse por primeira vez o 10 de maio de 1993, sustituíndo ao rublo soviético cunha taxa de cambio de 1 KGS = 200 RUB.

Etimoloxía editar

Na Unión Soviética, os falantes das linguas casaca, kirguiz e uzbeko chamaban ao rublo som, nome que aparecía impreso no reverso dos billetes xunto ás outras 15 linguas oficiais do Estado. A palabra som (ás veces transcrita como "sum" o "soum") significa "pureza" (facendo referencia ao "ouro puro") na meirande parte das linguas túrquicas.

Moedas editar

Denominación Emisión Metal Canto Anverso Reverso
1 Tyiyn 2008 Latón depositado en Aceiro Estriado Emblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe 1 ТЫЙЫН
10 Tyiyn 2008 Latón depositado en Aceiro Liso Emblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe 10 ТЫЙЫН
50 Tyiyn 2008 Latón depositado en Aceiro Liso Emblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe 10 ТЫЙЫН
1 Som 2008 Níquel depositado en Aceiro Estriado Emblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe 1 СОМ
3 Som 2008 Níquel depositado en Aceiro Liso Emblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe 3 СОМ
5 Som 2008 Níquel depositado en Aceiro Estriado Emblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe 10 СОМ
10 Som 2009 Níquel depositado en Aceiro Estriado Emblema de Kirguizistán - КЫРГЫЗ РЕСПУБЛИКАСЫ - ano de cuñaxe 10 СОМ

Billetes editar

En 1993 o novo goberno emitiu billedes de 1, 10 e 50 tyiyn, e o Banco de Kirguizistán emitiu billetes de 1, 5 e 20 som. En 1994, o Banco Central emitiu unha segunda serie de billetes en denominacións de 1, 5, 10, 20, 50 e 100 som. En 1997, emitiuse unha nova serie coas mesmas denominacións de 1994, e engadía os billetes de 200, 500 e 1.000 som. O último billete emitido foi o de 5.000 som en 2009.

Serie en curso (2009-actualidade)
Denominación Efixie Cor predominante Dimensións Imaxe do anverso Imaxe do reverso
20 Som Togolok Moldo Vermello 58 x 120 mm    
50 Som Kurmanjan Datka Laranxa 61 x 126 mm    
100 Som Toktogul Satilganov Azul 63 x 132 mm    
200 Som Alykul Osmonov Amarelo 66 x 138 mm    
500 Som Sayakbay Karalaev Violeta 68 x 144 mm    
1.000 Som Yusuf Balasaghuni Gris-verde 71 x 150 mm    
5.000 Som Suimenkul Chokmorov Verde 80 x 168 mm    

Notas editar

  1. Mokrenko, Anastasia (10-02-2017). "KGS gets own currency symbol" (en inglés). Bixkek. 24.KG.