Solar Maximum Mission

Solar Maximum Mission, coñecido tamén polo seu acrónimo SMM, foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 14 de febreiro de 1980 mediante un foguete Delta 3910 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida.[2][3][5]

SMM / Solar Maximum Mission
TipoObservatorio solar
OrganizaciónNASA
Contratistas principaisFairchild
Data de lanzamento14 de febreiro de 1980, 15:57 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 3910[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo da actividade solar.[2][6]
Decaemento2 de decembro de 1989[1]
NSSDC ID1980-014A
Masa2315 kg[2][5][6]
Dimensións4 m de longo e 2,3 m de diámetro[2]
Potencia3000 W[2]

Características editar

A misión de SMM foi estudar de maneira coordinada a actividade solar durante un período de máximo solar de maneira conxunta con outras naves e observatorios, como ISEE 3. SMM adicouse a observar en lonxitudes de onda curtas e en especial as erupcións solares.[2][3][4][5]

O satélite estaba construído de forma modular usando o bus MMS, pensado para ser reparado no espazo. Tiña unhas dimensións de 4 m de longo e 2,3 m de diámetro. A parte superior contiña os instrumentos científicos e os sensores de apuntado, mentres que o módulo inferior contiña os sistemas de control de actitude, enerxía, comunicación e comandos. Entre os dous módulos atopábase o adaptador de transición, ao que ían acoplados dous paneis solares que proporcionaban entre 1500 e 3000 W de potencia.[2][3][4][5]

Dada a importancia da observación coordinada con outros satélites, o segmento de terra deseñouse para facilitar a coordinación da avaliación dos datos, a planificación, as observacións e o envío de comandos á nave e para manexar a resposta ás erupcións solars en tempo real.[2][3][4][5]

SMM tiña os seguintes instrumentos a bordo:[2][3][4][5]

O satélite recibiu a visita da misión tripulada STS-41-C para reparar o sistema de control de actitude, o que o converteu no primeiro satélite en ser arranxado en órbita. SMM recolleu datos ata o 24 de novembro de 1989. Os plans para recollelo mediante un transbordador en 1990 e preparalo para novas misións cancelouse e acabou reentrando na atmosfera terrestre o 2 de decembro de 1989.[2][3][4][5]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SMM" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 NASA (21 de marzo de 2017). "SMM" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Note verbale dated 10 June 1980 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (80-15356). 20 de xuño de 1980: 2. Consultado o 15 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Claude Lafleur (2017). "SMM / Solar Maximum Mission" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "SMM (Solarmax)" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2017). "SMM" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2017.