Soiuz 29

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz 29 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 15 de xuño de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Soiuz 29
Selo postal en conmemoración de Soiuz 29
TipoTripulada
Data de lanzamento15 de xuño de 1978, 20:16 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión139,62 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Saliut 6.[2][6]
Regreso3 de setembro de 1978, 11:40 GMT[1][6]
NSSDC ID1978-061A
Masa6570,0 kg[2][5][6]

Características editar

Soiuz 29, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Vladimir Kovalionok e Aleksandr Ivanchenkov a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. Unha vez a bordo a tripulación adicouse a tarefas de mantemento e facer diversos experimentos. A estación recibiu a visita da Soiuz 30 o 29 de xuño e da Soiuz 31 o 7 de setembro, ambas misións Interkosmos, mentres que as Progress 2 e 3 avituallaron á tripulación acoplándose o 9 de xullo e o 10 de agosto respectivamente. O 3 de setembro a Soiuz 29 volveu a terra cos cosmonautas da Soiuz 31 (Valeri Bikovski e o alemán Sigmund Jähn). O 7 de setembro, Kovalenko e Ivanchenkov moveron a Soiuz 31 do porto posterior ao porto anterior da estación, a primeira manobra deste tipo e que deixou sitio libre para a Progress 4. A tripulación estableceu un récord de permanencia no espazo, cos seus case 140 días na estación.[2][3][4][5]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 29" (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 29" (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 27 September 1978 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (78-21770). 6 de outubro de 1978: 2. Consultado o 8 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 29" (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 29" (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2017.