Socorro Vermello Internacional

O Socorro Vermello Internacional (SVI) foi un servizo social internacional organizado pola Internacional Comunista en 1922. Creada para que funcionase como unha Cruz Vermella política internacional. O SVI conduciu campañas de apoio aos prisioneiros comunistas e reuniu apoio material e humanitario en situacións específicas. O SVI estaba dirixido por Clara Zetkin, Elena Stasova e Tina Modotti. Disolveuse en 1942.

Filiais nacionais editar

Cara a 1924 a organización tiña filiais nacionais en 19 países. Durante a súa existencia, as filiais nacionais do Socorro vermello Internacional incluíron[1][2]

  • Alemaña: Rote Hilfe Deutschlands
  • Austria: Österreichische Rote Hilfe
  • Bulgaria: Organización de Apoio das Vítimas da Ditadura Capitalista
  • España: Socorro Rojo Internacional
  • Estados Unidos de América: International Labor Defense
  • Francia: Secours Rouge International
  • Italia: Soccorso rosso italiano
  • México: Liga Pro Loitadores Perseguidos
  • Noruega: Norges Roede Hjelp
  • Países Baixos: Roode Hulp Holland
  • Polonia: Międzynarodowa Organizacja Pomocy Rewolucjonistom (MOPR - Comisión de Apoio dos Prisoeiros Políticos)
  • Reino Unido: International Class War Prisoners Aid
  • Suecia: Internationella röda hjälpen – svenska sektionen
  • URSS: Международная организация помощи борцам революции (MOPR Socorro Rojo Internacional dos Combatientes da Revolución)

Socorro Vermello en España editar

O Socorro Vermello Internacional apareceu en España como unha organización de caridade durante a revolución de Asturias en 1934.[3]

A organización, que incluía artistas e escritores, foi posteriormente reformado e expandiuse a Barcelona en xaneiro de 1936 co obxectivo de rexeitar ao fascismo en múltiples frontes. Durante a guerra civil española, o escritor Joaquín Arderíus foi o presidente da organización antes de exiliarse a Francia e México. As súas principais actividades consistiu en axudar aos nenos con comida na zona republicana e achegar bibliotecas aos soldados. Contribuíron tamén creando 275 hospitais, ambulancias, campañas de hixiene dental etc.

A insignia do Socorro Vermello consistía nunha S detrás das reixas dunha prisión. O POUM, un partido marxista en España, organizou un Socorro Vermello paralelo en oposición ao Socorro Vermello Internacional.

Notas editar