Coordenadas: 64°48′N 23°47′O / 64.800, -23.783

O Snæfellsjökull é un estratovolcán situado no oeste de Islandia.[1] Estímase que ten unha antigüidade de 700.000 anos e ten unha altitude de 1.446 msnm. O seu cumio está cuberto por un glaciar.

Vista do volcán Snæfellsjökull.

En realidade o nome da montaña é Snæfell, pero é máis coñecido como "Snæfellsjökull" para distinguilo doutras dúas montañas homónimas (jökull significa glaciar en islandés). Sitúase na parte máis occidental da península de Snæfellsnes. Ás veces, nos días despexados pódese divisar dende a cidade de Reiquiavik a unha distancia de 120 quilómetros.

O volcán é un dos lugares de Islandia máis coñecidos, principalmente debido á novela Viaxe ao centro da Terra (1864) de Jules Verne, na que os protagonistas atopan unha entrada ó centro da Terra a través do Snæfellsjökull.

A montaña inclúese dentro do Parque Nacional Snæfellsjökull (Þjóðgarðurinn Snæfellsjökull en lingua islandesa), fundado no 2001.[2]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Þjóðgarðurinn Snæfellsjökull (ed.). "Flash map of Snæfellsjökull". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2007. Consultado o 17 de agosto de 2013. 
  2. "Parque Nacional Snæfellsjökull". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2004. Consultado o 17 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar