Denomínase smog gris ou smog industrial á contaminación do aire producida por charrizo e xofre. A principal fonte de emisións de contaminantes que contribúen ó smog gris é a combustión de carbón, que pode conter altos contidos en xofre.

A finais de 1952 e comezos de 1953 en Londres produciuse unha grave contaminación por este tipo de smog na cal morreron varios miles de persoas. A concentración de contaminantes aumentou debido á presenza de bruma estancada. Hai distintos contaminantes que puideron provocar efectos tan adversos: dióxido de xofre (SO2), pequenas gotas de ácido sulfúrico (H2SO4) ou partículas de sulfato.

Actualmente nas cidades de países occidentais este tipo de smog non é importante, inda que si o smog fotoquímico. Noutros países onde se segue empregando carbón como fonte de enerxía, nalgúns casos con altos contidos en xofre, o problema é especialmente considerable.


Véxase tamén: smog e smog fotoquímico.