A SlutWalk é unha mobilización rueira iniciada no Canadá en abril de 2011 convertida nun movemento de protesta internacional contra as violacións e agresións sexuais ás mulleres. A primeira marcha celebrouse en Toronto o 3 de abril de 2011[1] e dende entón foi replicada noutros países como os Estados Unidos, o Reino Unido, Australia, a India, México, a Arxentina, Colombia, Costa Rica, o Perú, Ecuador, Honduras e o Uruguai.[2]

SlutWalk en Nova York.

Previo ó desencadeamento do movemento, de acordo con, Herriot, as novas locais de outubro a novembro de 2010 revelan non só múltiples asaltos sexuais de alto perfil nos espazos públicos de Toronto, non só matizan ás vítimas, senón que as culpabilizan destes crimes.[3]

Orixe editar

 
Marcha en Nova York en outubro de 2011.

Antes de que a primeira marcha do movemento tivese lugar, este foi ‘viral’, atraendo moita publicidade a través dos blogs feministas, incluídos sitios populares, tales como: Rabble.ca, Jezebel and Feministing.[4]

A marcha iniciouse como resposta ós comentarios machistas dun policía canadense, Michael Sanguinetti, quen, en xaneiro de 2011, nunha conferencia sobre seguridade civil en Osgoode Hall Law School en Toronto, dixo que as mulleres deberían evitar vestirse coma putas para non seren vítimas de violencia sexual.

Un grupo de mulleres canadenses reaccionou con indignación a estas palabras e organizou a primeira marcha á que denominaron «SlutWalk» que se pode traducir ó galego como "Marcha das Putas".[5]

Os desvelos do policía de Toronto pola vestimenta das mulleres saltaron ás redes sociais acompañadas da proposta de aplicarlles un antídoto por aquel entón de curto percorrido: convocar unha Slut Walk ("marcha das putas") en sinal de repulsa.

Notas editar