Slovo o plŭku Ígorevě

Слово о плъку Игоревѣ, transcrito do cirílico ao alfabeto latino Slovo o plŭku Ígorevě, é un poema épico anónimo escrito en eslavo oriental antigo.

Slovo o plŭku Ígorevě
Autor/avalor descoñecido
OrixeRus de Kíiv
Linguaantigo eslavo oriental
Xénero(s)poesia narrativa e Epopea
editar datos en Wikidata ]

Título e traducións editar

En ucraíno moderno: Слово о полку оІмолку і полку Игоревѣ polkú Íhorevim. Fontes ucraínas transliteran o nome do protagonista como Ihor (Igor ou Ígor en ucraíno).

En ruso moderno: Слово о полку Игореве, Slovo o polkú Ígoreve.

 
Ilustración do conto de Ivan Bilibin

A data de 2022 non conta con ningunha tradución ao galego.

Foi traducido ao portugués como Conto da Campanha de Ígor, A Campanha da Canção de Ígor, A Leitura da Campanha de Ígor, O Laico do Anfitrião de Igo e O Lama da Guerra Invasada por Ígor.

Foi traducido ao castelán como Cantar de las huestes de Ígor e La campaña del príncipe Ígor.

Trama editar

O poema dá conta dunha infrutuosa invasión de Ígor, o Bravo (m. 1202) contra os cumanos da rexión do río Don. Téñense feito interpretacións do poema relativas á unidade dos eslavos.[1]

Autenticidade editar

Aínda que a autenticidade do poema xa foi discutida, o consenso académico actual é que o poema é auténtico e data da época medieval (finais do século XII). [2]

Adaptación editar

O conto da campaña de Igor foi adaptado por Alexander Borodin como ópera e converteuse nun dos grandes clásicos da ópera e do teatro rusos., titulado Knyaz Igor e estreado en 1890.

Notas editar

  1. "A idéia principal da obra "O Conto da Campanha de Igor"". pt.nextews.com (en portugués). Consultado o 2022-08-12. 
  2. O poema propoñía cubrir ou contar "do ancián Vladimiro I de Kíiv até o Igor contemporáneo" (отъ стараго Владимера до нышня Игоря), indicando a composición antes da morte de Svyatoslavich en 1202.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Слово о полку Игореве. Moscova: «Khudojestvennaia literatura», 1987. (Traduccións e transcricións poéticas de D. Likhatxov, L.Dmítrieva, V. Jukovski, N. Zabolotski; tradución explicativa e comentarios en ruso, D. Likhatxov)
  • Cantar de la hueste de Ígor. Montevideo/Buenos Aires, Arca/Galerna, 1967. Tradución ao castelán, prólogo e notas: Yakov Malkiel e María Rosa Lida de Malkiel.
  • Cantar de las Huestes de Ígor. Madrid, Miraguano Ediciones: Libros de los Malos Tiempos. 128 p. ISBN 84-85639-66-9 (en castelán)

 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.