Sleeping in My Car

«Sleeping in My Car»
sinxelo de Roxette
do álbum 'Crash! Boom! Bang!'
Lanzamento 7 de marzo de 1994
Formato {{{formato}}}
Gravada 1993
Xénero musical Pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3 min 34 s
Discográfica EMI
Produtor(es) Clarence Öfwerman
Escritor(es) Per Gessle
Cronoloxía
«Almost Unreal» «Sleeping in My Car» «Crash! Boom! Bang!»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Sleeping in My Car", é unha canción de Roxette, escrita por Per Gessle e lanzada como o primeiro single do seu álbum de 1994 Crash! Boom! Bang!. Alcanzou a primeira posición en Suecia, a 14 nas listas do Reino Unido e a posición 50 no Billboard Hot 100. Tamén entrou no Top 10 en Noruega, Suíza e Austria, e no Top 20 en Australia, Alemaña e Países Baixos.

Cando Roxette fixo un concerto en Pequín en 1995, pedíuselles que cambiasen as letras suxerentes da canción. "Accedimos, pero finalmente non as cambiamos", di Per Gessle.[1]

En 2002, o dúo foi acusado de plaxio polo compositor sueco Stephan Malmstedt, que afirmaba que o estribillo do tema fora tomado dunha canción súa titulada "Jenny and I", escrita en 1991 [2]. Finalmente, a denuncia foi desestimada por non existir evidencias claras da coincidencia entre ambas composicións musicais [3].

Lista de temas editar

# Título
1. "Sleeping in My Car"
2. "The Look" (MTV Unplugged)
3. "Sleeping In My Car" (The Stockholm Demo Version)

Notas editar

  1. "Rolling Stones play China". The Daily Roxette. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 2006-04-10. 
  2. Noticia sobre a acusación de plaxio[Ligazón morta]
  3. "Malmstedt v. EMI Records, [2003] EWHC (Ch) 162, E.C.D.R. 15 (Eng.)". Music Copyright Infringement Resource (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2018. Consultado o 10 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Roxette, páxina oficial de Roxette.