Skinny Puppy é un grupo de música industrial da cidade canadense de Vancouver formado en 1982. Nun principio non era máis que un proxecto experimental de cEvin Key mentres inda estaba no grupo Images In Vogue, tamén se unira na experiencia Nivek Ogre como vocalista e Skinny Puppy acabou por se converter na súa banda principal. Key e Ogre foron os únicos membros permanentes na vida do grupo, outros membros que pasaron pola banda foron Dwayne Goettel (1986–1995), Dave Ogilvie (1982-1995), Mark Walk (desde 2003) e como convidados pasaron polo grupo Bill Leeb (1985–1986, co nome de Wilhelm Schroeder), Al Jourgensen (1989) e moitos outros.

Skinny Puppy
OrixeVancouver, Canadá
Período1982 - presente
Selo(s) discográfico(s)Metropolis, Subconscious Communications, Synthetic Symphony, Nettwerk, American Recordings, Play It Again Sam
Artistas relacionadosOhgr, Download, The Tear Garden, Doubting Thomas, Plateau, Hilt, Front Line Assembly, Ministry, Pigface, KMFDM, Cyberaktif, RX, Psyche, Images in Vogue
Na rede
http://www.skinnypuppy.com
IMDB: nm0700681 Facebook: OfficialSkinnyPuppy Twitter: skinnypuppy_ MySpace: skinnypuppy Youtube: UCUDVexzloB8cwcfttg1pwRQ Souncloud: officialskinnypuppy Spotify: 5Mu0EMEsUIVE132pNMywns Last fm: Skinny+Puppy Musicbrainz: 5a24bc1a-c093-4a82-84ed-8d7f2da0570d Songkick: 409329 Discogs: 11192 Allmusic: mn0000750970 Deezer: 1996 Editar o valor em Wikidata
Skinny Puppy en Londres en 2005

Inspirada na música de grupos como Nocturnal Emissions, Portion Control e The Legendary Pink Dots os Skinny Puppy experimentaron con técnicas de gravación analóxica e dixital, compoñendo música con sintetizadores, caixas de ritmos, percusións acústicas, distorsións, samplers e instrumentos musicais convencionais da música rock. Tamén incorporaron pezas de filmes e de transmisións de radio nas súas cancións, aplicando amplamento o efecto de distorsión e outros efectos na voz de Ogre que grava frecuentemente como se recitase un monólogo interior. Os temas das súas cancións van desde os dereitos animais, a política, a relixión, a droga, a doenza á degradación ambiental ou ao terror.