Sitta tephronota

especie de paxaro

Sitta tephronota[2] é unha especie asiática de ave paseriforme pertencente á familia Sittidae.

Distribución e hábitat editar

Encóntrase en Afganistán, Armenia, Acerbaixán, Xeorxia, India, Irán, Iraq, Casaquistán, Paquistán, Rusia, Taxiquistán, Turquía e Turkmenistán.

Vive en ladeiras montañosas rochosas, vales e gargantas arboradas.

Reprodución e alimentación editar

Ambos os sexos axudan na construción do niño, xeralmente nunha greta ou cavidade natural ou escavada por eles ou abandonada por outra especie nunha parede rochosa, árbore ou ribeira fluvial. Fan unha parede na entrada do niño con lama e outros materiais, deixando só unha pequena entrada. Poñen de cinco a sete ovos.

En verán aliméntanse de insectos e caracois e en outono e primavera principalmente de sementes.

Subespecies editar

  • Sitta tephronota dresseri
  • Sitta tephronota iranica
  • Sitta tephronota obscura
  • Sitta tephronota tephronota

Notas editar

  1. BirdLife International 2010. Sitta tephronota. 2010 IUCN Red List of Threatened Species. Consultado o 28 de febreiro de 2022.
  2. "CRC Handbook of Avian Body Masses". John Bernard Dunning. Consultado o 20 de novembro de 2010. 

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.