Sitta pygmaea

En Novo México, EUA.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sittidae
Xénero: 'Sitta'
Especie: ''S. pygmaea''
Nome binomial
'Sitta pygmaea'
Vigors, 1839

Sitta pygmaea,[2] é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae nativa de América do Norte.

Distribución e hábitat editar

Distribúese desde o sur da Columbia Británica a través de varias rexións descontinuas do oeste dos Estados Unidos ata o centro de México. Encóntrase xeralmente en bosques de piñeiros (especialmente Pinus ponderosa), abetos de Douglas e outras coníferas. Gabea acrobaticamente pola follaxe destas árbores, alimentándose de insectos e sementes: con menor frecuencia arrástrase ao longo das pólas ou troncos como os gabeadores máis grandes.

Comportamento editar

Aniñan en cavidades de troncos mortos de coníferas, recobren a parte inferior da cavidade con escamas de piñas de piñeiro e outros materiais de orixe vexetal ou animal suaves. Pode encher as gretas ou fendas arredor da entrada con pelame, a función deste comportamento é desconocida. A femia pon de 4 a 9 ovos, que son de cor branca con finas manchas de cor marrón avermellado. Ela fai a maior parte da incubación, que dura uns 16 días. Os pitiños deixan o niño uns 22 días despois da eclosión.

Esta especie é moi gregaria. Unha parella que está nidificando pode ter outras aves como axudantes Fóra da tempada de cría, esta ave paséase en bandadas ruidosas. Tamén se refuxia comunalmente, e téñense visto máis de cen aves agochadas nunha soa cavidade dunha árbore.

Descrición editar

Mide arredor de 10 cm de lonxitude e 10 gramos de peso. Todas as plumaxes son similares, coa parte superior da cabeza agrisada, partes superiores do corpo de cor gris azulada e partes inferiores abrancazadas. As vocalizaciones son renxidos moi variados, píos e paroleos. Esta especie é moi similar a Sitta pusilla do sueste dos Estados Unidos, pero as súas áreas de distribución non teñen ningunha superposición.

Subespecies editar

Recoñécense seis subespecies:[3]

  • Sitta pygmaea brunnescens R. A. Norris, 1958
  • Sitta pygmaea elii A. R. Phillips, 1986
  • Sitta pygmaea flavinucha van Rossem, 1939
  • Sitta pygmaea leuconucha Anthony, 1889
  • Sitta pygmaea melanotis van Rossem, 1929
  • Sitta pygmaea pygmaea Vigors, 1839

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). "Sitta pygmaea". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 1 de outubro de 2014. 
  2. "Trepador Enano (Sitta pygmaea) Vigors, 1839". avibase. Consultado o 30 de setembro de 2014. 
  3. "Sitta pygmaea Vigors, 1839". ITIS. Consultado o 2 de outubro de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar