Sinagoga española de Praga

A Sinagoga española (en hebreo: בית הכנסת הספרדי, en checo: Španělská synagoga) é unha sinagoga que se atopa no barrio Josefov de Praga e que está inspirada na sinagoga vienesa de Leopoldstädter Tempel.

Sinagoga española de Praga
PaísRepública Checa
Coordenadas50°05′25″N 14°25′15″L / 50.09036111, 14.42083333Coordenadas: 50°05′25″N 14°25′15″L / 50.09036111, 14.42083333
EstiloEstilo neoislâmico, Funcionalismo e historicismo
Páxina webhttp://www.jewishmuseum.cz/en/explore/sites/spanish-synagogue
editar datos en Wikidata ]
Sinagoga española de Praga.

O seu nome débese, probablemente, ó feito de que presenta un estilo mourisco moi semellante ó desenvolvido en monumentos andaluces como, por exemplo, a Alhambra.[1]

Foi construída entre 1868-1893 e reparada na década de 1990 trala ocupación nazi da segunda guerra mundial, na cal o edificio foi usado como almacén para bens confiscados ós xudeus.

Historia editar

No lugar onde no presente se atopa a sinagoga antes houbo outro templo xudeu coñecido como Altshul ou Stará škola (A Escola Vella). Foi construída entre os séculos XI e XII, e a información máis antiga que existe dela é do ano 1142. Entre os anos 1836 e 1845 traballou como organista František Škroup, o autor do himno nacional checo Kde domov můj? (Onde está o meu fogar?).

Notas editar

  1. «Spanish Synagogue» (en inglés)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Pařík, Arno, Dana Cabanová a Petr Kliment, Pražské synagogy = Prague Synagogues = Prager Synagogen, 2. vydání, Praha: Židovské muzeum v Praze, 2011, s. 87–97.
  • Alina Heitlinger In the Shadows of the Holocaust and Communism:Czech and Slovak Jews Since 1945, Transaction Publishers, New Brunswick, New Jersey, 2006 s.181