Simone de Beauvoir

Simone Lucie Ernestine Marie Bertrand de Beauvoir máis coñecida coma Simone de Beauvoir, nada en París o 9 de xaneiro de 1908 e finada na mesma cidade o 14 de abril de 1986, foi unha novelista francesa, filósofa existencialista e feminista figura importante na reivindicación dos dereitos da muller. Escribiu novelas, ensaios, biografías e monográficos sobre temas políticos, sociais e filosóficos. O seu pensamento enmárcase dentro do existencialismo e obras como O segundo sexo son elementos fundacionais do feminismo. Foi parella do tamén filósofo Jean-Paul Sartre.[1]

Infotaula de personaSimone de Beauvoir

Simone Ernestine Lucie Marie Bertrand de Beauvoir
Biografía
Nacemento(fr) Simone Lucie Ernestine Marie Bertrand de Beauvoir Editar o valor em Wikidata
9 de xaneiro de 1908
París Francia
Morte14 de abril de 1986 (78 anos)
París Francia
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRuán (1932–1937)
Marsella (1931–1932)
París Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Relixiónateísmo
Formación profesionalUniversidade de París
EducaciónUniversidade de París
Lycée Fénelon, Paris (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, ensaio, autobiografía, novela, feminismo e Existencialismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprofesora de filosofía (–1943), filósofa , women letter writer (en) Traducir , crítica literaria , autora , escritora , feminista , autora de diarios , ensaísta , xornalista , activista política , novelista , autobiógrafa , filósofa política (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticonovela
MovementoAteísmo, feminismo e Existencialismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioLe Castor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaBertrand de Beauvoir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeJean Paul Sartre
ParellaJean-Paul Sartre
Claude Lanzmann
Nelson Algren Editar o valor em Wikidata
IrmánsHenriette-Hélène Bertrand de Beauvoir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura

IMDB: nm0003436 Bitraga: 3502 iTunes: 464552242 Discogs: 869807 WikiTree: Bertrand_de_Beauvoir-3 Find a Grave: 1162 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Antonio Núñez Jiménez, Simone de Beauvoir, Sartre e Che Guevara en Cuba, 1960.

Naceu nunha familia burguesa, filla do avogado Georges de Beauvoir e de Françoise Brasseur, membro dunha familia banqueira, é a maior de dúas irmás, sendo Hélène (coñecida coma Poupette) súa irmá máis nova.

Foi educada baixo unha forte moral cristiá católica, no Centro Adeleine Désir. Porén a situación acomodada da familia cambia despois da primeira guerra mundial e trala Revolución Rusa, ao estar invertido a maior parte do capital materno no ferrocarril ruso.

Simone mostrouse precoz en todos os sentidos, desligándose da súa educación católica con só 14 anos e tomando a decisión de chegar a ser unha célebre escritora con tan só 15 anos.

Non desexo crer, un acto de fe é o acto máis desesperado que existe e quero, polo menos, manterme lúcida na miña desesperación. Non quero mentirme a min mesma.

Unha vez rematados os estudos de bacharelato entrou na Sorbona, onde foi a alumna máis nova que conseguiu acadar o título de Agrégée de Filosofía, e a novena muller en acadalo. En 1929 coñeceu a Jean-Paul Sartre, tamén estudante de filosofía nesa universidade, uníndose estreitamente a el e ao seu círculo, no que coincidiu con autores coma Maurice Merleau-Ponty, Paul Nizan ou René Maheu. Precisamente René Maheu foi quen acuñou o alcume de Castor pois segundo el era coma os castores que ... van en grupo e teñen espírito construtivo.

Xunto con Sartre creou unha relación baseada na exclusividade no Amor necesario ou esencial fronte ao Amor continxente ou aventuras que cada un podería manter polo seu lado. Así Beauvoir mantivo varias relacións sentimentais tanto con homes coma con mulleres, aínda que en vida nunca recoñeceu isto último, quedou comprobado en 1990 coa publicación póstuma de Lettres à Sartre. Entre as súas relacións destacan Jacques-Laurent Bost, o escritor estadounidense Nelson Algren, Olga Kosakiewitcz, Bianca Lamblin, Nathalie Sorokine ou Claude Lanzmann, o único home co que conviviu.

Foi profesora de filosofía ata 1943 en escolas de diferentes lugares de Francia, como Ruán e Marsella, ata a ocupación nazi de París no marco da segunda guerra mundial, en 1943, cando foi separada do seu posto por suposta corrupción de menores, da súa alumna Nathalie Sorokine. Durante ese período viviu na cidade tomada, formando parte do movemento da Resistencia francesa. Desta época data o seu primeiro libro L'Invitée (1943). Unha vez liberada a cidade foi rehabilitada.

En 1945 fundou xunto a outros intelectuais de esquerda a publicación Les Temps modernes, co obxectivo de dar a coñecer o existencialismo. Neste grupo estarían ademais de Beauvoir e Sartre autores coma Raymond Aron, Michel Leiris, Maurice Merleau-Ponty ou Boris Vian.

Tras varios ensaios e novelas de claro compromiso comunista e ateo en 1949 publica a que quizais sexa a súa obra máis coñecida e unha das grandes referencias do Feminismo, O segundo sexo, no que aborda temas tabú por aquel entón coma o dereito á non maternidade, o aborto ou a definición do matrimonio como unha institución burguesa

Foi unha revelación. Este é un mundo masculino, a miña infancia estivo alimentada de mitos forxados polos homes e non reaccionei ante eles como o faría de ter sido un rapaz.

En 1960 coñeceu a Sylvie Le Bon, de 17 anos, que co tempo pasaría a chamarse Sylvie Le Bon de Beauvoir, sendo a herdeira da súa obre a todos os seus bens.

Faleceu en París a causa dunha pneumonía, aos 78 anos. Foi sepultada xunto a Jean-Paul Sartre no cemiterio parisiense de Montparnasse.

No ano 2008 creouse na súa honra o Premio Simone de Beauvoir pola liberdade das mulleres, outorgado pola Universidade Denis Diderot, de París. No primeiro ano concedéuselle á bengalí Taslima Nasrin e á neerlandesa Ayaan Hirsi Ali.

Influencias editar

A súa visión filosófica é moi variada. As súas influencias inclúen dende o existencialismo de Jean-Paul Sartre (o seu compañeiro persoal e intelectual) ata a filosofía francesa de Descartes e Bergson, a fenomenoloxía de Edmund Husserl e Martin Heidegger (a súa moral baséase no concepto heideggeriano ser-cos-outros), o materialismo histórico de Karl Marx (a alienación ten un dobre sentido: negativo de "ter" referido á opresión exercida polo varón sobre a muller no patriarcado e positivo de "facer" entendido como dereito ao traballo e á independencia económica), Friedrich Engels e o idealismo de Immanuel Kant.

Pensamento editar

 
Simone de Beauvoir e Sartre na tumba de Balzac.

Beauvoir foi unha filósofa existencialista con acento propio que xorde dunha confluencia de factores: a incorporación de conceptos doutros filósofos que a precederon (existencialistas ou non) e polo xiro que lle deu a certas ideas do existencialismo compartidas con Jean-Paul Sartre. Beauvoir convértese na única filósofa existencialista que desenvolveu unha moral sistemática. "O único que debemos facer é cultivar o noso propio xardín", o xardín é a nosa moral que consistirá en asumir os nosos propios proxectos e comprometernos con eles. Agora ben, existimos sempre con outros humanos, por iso a moralidade das nosas accións forzosamente terá que ver cos outros: é boa a acción que libera a liberdade dos demais (inspiración heideggeriana). No fondo trátase de conseguir un mundo de individuos máis libres, polo que a ética desemboca na política. Beauvoir na súa obra O segundo sexo concreta unha serie de fórmulas de liberación da liberdade: unha educación igualitaria para nenos e nenas, unha formación do mesmo rango para mulleres e homes, unha independencia económica similar etc. Problema ético e problema político son dúas caras da mesma moeda. En toda a obra de Bouvoir, maniféstase unha actitude crítica ante a inxustiza e unha firme intolerancia ante a intolerancia, que marcará un talante no que se combina o compromiso político da defensa de toda reivindicación da liberdade e a loita contra todo tipo de inxustizas (talante laico e racionalista influenciado polos ilustrados Voltaire e Montaigne).

A situación das mulleres en Occidente caracterizouse pola coacción á súa liberdade, dende a educación recibida durante a infancia ata os usos sociais que se lle impoñen ás mozas, ás adultas, ás mulleres de idade avanzada (opresión das mulleres en forma de feminidade segundo os canons da sociedade patriarcal occidental); dende a coacción exercida sobre o corpo, ata o comportamento canónico da muller casada. "Non se nace muller", ser muller é vivir unha situación sociocultural que impuxeron os varóns ás mulleres para sacar vantaxe disto. A verdade da muller non pode fixarse aínda nun concepto ou ser captada de forma definitiva, só "contar". Todos os homes son mortais e, polo tanto, o seu existir ten continuamente que refacerse, reinventarse, transcenderse. A muller ten que decidir "que é a muller". Despois de ter "desvelado" a realidade da súa propia condición, debe vivila, redefinila. Un momento importante nesa busca de identidade da muller será o constituído polas relacións, que Beauvoir desexaría "fraternais", co outro sexo. A muller moderna acepta tamén os valores masculinos, descóbreos en canto portadores de emancipación, o que levaría ao home a recoñecer á muller como o seu igual.

Obra editar

O gran logo desta filósofa existencialista foi chegar ao fondo dunha cuestión existencial para as mulleres, isto é, cal é a causa ou as causas do seu lugar secundario na sociedade. Así, mostra que a realidade que viven as mulleres é unha construción social que foi bendicida pola ciencia, a filosofía, a literatura, a relixión e, fundamentalmente, por unha educación encamiñada a reproducir o rol da esposa e a nai. Abriu debates sobre temas claves para o avance das mulleres nas familias, a deconstrución da mística da maternidade ou a capacidade de decisión das mulleres sobre o seu propio corpo. Deixou claro que a bioloxía non é o destino. E, polo tanto, deu azos a moitas xeracións de mulleres para buscar formas para participar e transformar a vida social e política.

A obra de Beauvoir ten a virtude de ser contemporánea moitos anos despois, e así, xerou unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracións, clases e países.

Na súa primeira novela, A convidada (1943), explorou os dilemas existencialistas da liberdade, a acción e a responsabilidade individual, temas que aborda igualmente en novelas posteriores como O sangue dos outros (1944) e Os mandaríns (1954), novela pola que recibiu o Premio Goncourt; a cal se considera a máis importante de todas as súas obras. As teses existencialistas, segundo as cales cada un é responsable de si mesmo, introdúcense tamén nunha serie de obras autobiográficas, catro en total, entre as que destacan Memorias dunha moza de boa familia (tamén coñecida como Memorias dunha moza formal) (1958) e Final de contas (1972). As súas obras ofrecen unha visión sumamente reveladora da súa vida e o seu tempo. Entre os seus ensaios escritos cabe destacar O segundo sexo (1949), unha profunda análise sobre o papel das mulleres na sociedade; A vellez (1970), sobre o proceso de envellecemento, nesta obra critica apaixonadamente a actitude da sociedade cara aos anciáns, e A cerimonia do adeus (1981), na cal evoca a figura do seu compañeiro de tantos anos, Jean-Paul Sartre.

Novelas editar

 
Sepultura de Simone de Beauvoir e Jean-Paul Sartre, no cemiterio de Montparnasse, París.
  • 1943: L'Invitée (A convidada).
  • 1945: Le Sang des autres (A sangue dos outros).
  • 1946: Tous les hommes sont mortels (Tódolos homes son mortais).
  • 1954: Os mandaríns. (Gañadora do Premio Goncourt).
  • 1966: Les Belles Images (A belas imaxes).
  • 1968: La Femme rompue (A muller rota).
  • 1979: Quand prime le spirituel (Cando predomina o espiritual).

Ensaios editar

  • 1944: Pyrrhus et Cinéas (Para qué a acción).
  • 1947: Pour une morale de l'ambiguïté (Para unha moral da ambigüedade).
  • 1949: Le Deuxième Sexe (O segundo sexo).
  • 1955: Privilèges (O pensamiento político da dereita).
  • 1957: La Longue Marche (A larga marcha). Ensaio sobre China.
  • 1970: La Vieillesse (A vellez).
  • 1972: Faut-il brûler Sade?.

Memorias editar

  • 1958: Mémoires d'une jeune fille rangée (Memorias dunha moza formal).
  • 1960: La Force de l'âge (A plenitude da vida).
  • 1963: La Force des choses (A forza das cousas).
  • 1964: Une mort très douce (Unha morte moi doce).
  • 1972: Tout compte fait (Final de contas).
  • 1981: La Cérémonie des adieux (A cerimonia do adeus).

Teatro editar

  • 1945: Les Bouches inutiles (As bocas inútiles).

Correspondencia editar

  • 1990: Lettres à Sartre (Cartas a Sartre).
  • 1997: Lettres à Nelson Algren (Cartas a Nelson Algren).
  • 2004: Correspondance croisée avec Jacques-Laurent Bost.

Outras publicacións editar

  • 1948: L'Amérique au jour le jour (Norteamérica día a día).
  • 1948: L'existentialisme et la Sagesse des Nations (O existencialismo e a sabedoría popular).
  • 1962: Djamila Boupacha.

Notas editar

  1. "Biografia de Simone de Beauvoir". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2019-05-09. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar