Simón de Sicilia

Simón de Sicilia, tamén coñecido como Simón de Hauteville (en italiano Simone D'Altavilla), nado en Palermo en 1093 e finado en Mileto, Italia o 28 de setembro de 1105, foi o fillo máis vello e sucesor de Roxerio I de Sicilia, primeiro conde de Sicilia, e da súa terceira esposa Adelaida del Vasto.

Simón de Sicilia
Conde de Sicilia

Reinado1101 - 1105
Nacemento1093
Palermo
Falecemento28 de setembro de 1105
Mileto, Italia
PredecesorRoxerio I de Sicilia
SucesorRoxerio II de Sicilia
Casa realCasa de Hauteville
ProxenitoresRoxerio I de Sicilia
Adelaida del Vasto

Escudo de Simón de Sicilia
Escudo da familia Hauteville
Na rede
WikiTree: Altavilla-12

Traxectoria editar

Tiña soamente 8 anos cando seu pai faleceu e el herdou o Condado, manténdose durante o seu breve mandato baixo a rexencia da súa nai. Á súa morte (cando contaba tan só con 12 anos de idade) en Mileto,[1] onde foi sepultado na abadía da Santísima Trindade, foi sucedido polo seu irmán Roxerio II de Sicilia, baixo a rexencia da súa nai Adelaida até 1112.

Roxerio, anos máis tarde, converteríase no primeiro rei de Sicilia, cando en 1130 foi investido polo antipapa Anacleto II.[2]

O cronista Alessandro Telesino relata un incidente que tivo lugar durante a infancia de Simón e o seu irmán Roxerio:

Á maneira que adoitan facer os nenos, estaban xogando a un xogo de moedas e acabaron pelexando. Cando loitaron, cada un cun grupo de rapaces que reuniran, o máis novo, Roxerio, foi o vencedor. Como resultado, burlouse de seu irmán Simón dicindo: «sería moito mellor que eu tivera o honor de gobernar triunfante despois da morte do noso pai en vez de ti. Cando logre facer iso farei de ti un bispo ou incluso o papa de Roma, onde estarás moito mellor».[3]

Antepasados de Simón de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
4. Tancredo de Hauteville
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Roxerio I de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Fredesina
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Simón de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Manfredo del Vasto
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Adelaida del Vasto
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Roxerio I
Conde de Sicilia
11011105
Sucesor:
Roxerio II

Notas editar

  1. Aubé, Pierre 2001, p. 95.
  2. Curtis, Edmund 1912, p. . 101.
  3. Do único manuscrito existente (Barcelona, Biblioteca Central, cod. 996), unha copia escrita en Monte Cassino ao redor de 1330 e levada a España no tempo do dominio aragonés polo historiuador Jerónimo Zurita y Castro.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aubé, Pierre (2001): Roger II de SicilieArquivado 25 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. París: Payot & Rivages. ISBN 2-2288-9414-1.
  • Chalandon, Ferdinand (1907): Histoire de la domination normande en Italie et en Sicile. París: Librairie Alphose Picard et Fils.
  • Curtis, Edmund (1912): Roger II, King of Sicily. Nova York & Londres; G. P. Putnam's Sons.
  • Houben, Hubert (2002): Roger II of Sicily. Cambridge (Reino Unido): Cambridge University Press. ISBN 0-5216-5573-0.
  • Norwich, John Julius (1967): The Normans in the South (1016-1130). Londres: Longmans. ISBN 0-9073-8700-4.
  • Norwich, John Julius (1970): The Kingdom in the Sun (1130-1194). Londres: Longmans. ISBN 0-5821-2735-1.
  • Telese Alessandro di (1991): Ystoria Rogerii regis Sicilie, Calabrie atque Apulie. Roma: Istituto storico italiano per il Medio Evo. Col. Fonti per la storia d'Italia, nº 112. Ed. de Ludovica De Nava e Dione Clementi. (Texto orixinal en latín, con tradución ao italiano e comentarikos en inglés).

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar