Silvia Laplana

Meteoróloga española

Silvia Laplana Naval, nada en Barcelona o 3 de febreiro de 1984, é unha meteoróloga española pertencente ao equipo de TVE, caracterizada polas súas explicacións máis alá do dato meteorolóxico, co que trata de achegar a meteoroloxía ás familias e ao público en xeral.[1]

Infotaula de personaSilvia Laplana
Biografía
Nacemento(es) Silvia Laplana Naval Editar o valor em Wikidata
3 de febreiro de 1984 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalÓptica e Optometría, Ciencias Ambientais
EducaciónUniversidade de Barcelona - meteoroloxía
Universidade Politécnica de Cataluña - óptica, optometria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Torrespaña (RTVE) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmeteoróloga , optometrist (en) Traducir , óptica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRadio Televisión Española
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm6242118 Facebook: silvialaplana Twitter: slaplana_tve Instagram: silvia_laplana Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Barcelona, e criouse en Vilanova i la Geltrú até os dezasete anos, en que que se trasladou a Terrasa a estudar Óptica e Optometría na Universidade Politécnica de Cataluña, e despois fixo un mestrado en Meteoroloxía na Universidade de Barcelona,[1] a súa auténtica vocación, e incluso estudou varios cursos de ciencias ambientais.[2]

É filla única e os seus pais viven agora en Monzón (provincia de Huesca) e o seu mozo é de Huesca capital, polo que se considera montisonense. Silvia mantén unha boa relación cos seus pais, que sempre a apoiaron na elección da súa profesión e lle inculcaron o esforzo e a dedicación. Admite ter que traballar moito para converterse en periodista, pero se considera unha persoa á cal lle motivan os retos,[1] grazas á educación recibida pola súa familia baseada no valor do esforzo.[2]

Desde o ano 2013 traballa como meteoróloga na Televisión Española no Canal 24 Horas. Previamente traballou catro anos en Aragón TV e tamén en Canal Meteo. Non dubidou en aceptar o posto en TVE, xa que o considera un sono cumprido. Admite que obter o traballo en Canal Meteo lle abriu as portas a outras cadeas televisivas máis grandes, ao igual que a moitos dos seus compañeiros.

No ano 2015 participou no programa Aquí la Tierra en RTVE e nunha entrevista explicou «a falta de espazos televisivos pensados para un público de idades variadas e de carácter familiar». Silvia pensa que «o clima é un tema fácil de abordar, polo que o traballo nos espazos de información meteorolóxica é máis distendido que nos informativos, onde se trata a política, por exemplo. Prefíreo xa que se pode improvisar, deixarse levar polas bromas xunto aos seus compañeiros e os televidentes poden participar. Admite que, aínda que fai falta coñecemento e experiencia para non fallar nas previsións do clima, o avance tecnolóxico axuda moito á exactitude e, polo tanto, os meteorólogos son afortunados ao no correren tanto risco ao prognosticar o tempo».[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Biografía en Marathi.TV (en castelán).
  2. 2,0 2,1 Escalona, Maribel Escalona (13 de agosto de 2019). "Silvia Laplana, la meteoróloga que se hizo famosa por el "infierno is coming"". Diez Minutos. Consultado o 7 de abril de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar