Sikorsky Aircraft

Sikorsky Aircraft Corporation é un construtor aeronáutico estadounidense baseado en Stratford, Connecticut. Foi creada por Igor Sikorsky no ano 1923 e está entre as primeiras compañías en fabricar helicópteros para uso civil e militar. Foi propiedade de United Technologies Corporation (UTC) e en novembro de 2015 Sikorsky foi vendida a Lockheed Martin.

Sikorsky Aircraft
Fundación1923
MatrizLockheed Martin
LocalizaciónStratford, Connecticut
FundadorIgor Sikorsky
Industriaaviación
Na rede
http://www.sikorsky.com
Twitter: sikorsky Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O 23 de maio de 1923 Igor Sikorsky, un inmigrante nacido en Kíiv, fundou Sikorsky Aero Engineering Corporation preto de Roosevelt Field en Long Island.[1][2] En 1925 o nome da compañía pasou a ser Sikorsky Manufacturing Company. En 1929 a empresa trasladouse a Stratford, Connecticut e converteuse en parte da United Aircraft and Transport Corporation (no presente United Technologies Corporation) en xullo dese ano.[3]

Nos Estados Unidos Igor Sikorsky concentrouse orixinalmente no desenvolvemento de avións multimotor e despois de aeronaves anfibias. A finais dos anos 30 as vendas baixaron e United Aircraft fusionou a súa división con Vought Aircraft.[3] Sikorsky comezou a traballar desenvolvendo un helicóptero práctico. Despois do primeiro voo do VS-300 desenvolveu o Sikorsky R-4, o primeiro helicóptero estable dun único rotor totalmente controlable en ser producido a grande escala en 1942, sobre o que se basearon a meirande parte dos seus helicópteros posteriores.

Sikorsky Aircraft segue sendo un fabricante líder de helicópteros, producindo modelos tan coñecidos como o UH-60 Black Hawk e o SH-60 Seahawk, e aparellos experimentais como o Sikorsky S-72 X-Wing. Sikorsky foi o encargado de subministrar o helicóptero do Presidente dos Estados Unidos dende o ano 1957. Os Sikorsky VH-3 e VH-60 son os encargados de realizar ese rol no presente.

A compañía mercou Helicopter Support Inc. (HSI) no ano 1998. HSI encárgase do servizo post-venda para fora do mercado gobernamental estadounidense para pezas e reparacións da liña de produtos de Sikorsky.

United Technologies Corporation (UTC) mercou Schweizer Aircraft Corp. en 2004,[4] que agora opera como unha subsidiaria de Sikorsky. A liña de produtos das dúas firmas son complementarias, xa que Sikorsky se concentra principalmente en helicópteros medios e grandes, mentres que Schweizer fabrica helicópteros pequenos, small helicopters, UAVs, planadores e avións lixeiros. O contrato con Schweizer foi asinado o 26 de agosto de 2004, exactamente unha semana despois da morte de Paul Schweizer, o fundador e propietario maioritario da compañía. A finais de 2005 Sikorsky completou a compra de Keystone Helicopter Corporation, situada en Coatesville, Pensilvania. Keystone facía o mantemento e completaba os Sikorsky S-76 e S-92 antes da venda.

En 2007 Sikorsky inaugurou Hawk Works,[5] un centro de realización rápida de prototipos e derivados militares (RPMDCC) situado ao oeste do aeroporto rexional de Elmira-Corning en Big Flats, Nova York. Ese mesmo ano Sikorsky mercou a planta de PZL Mielec en Polonia. A planta está montando o S-70i para clientes internacionais.[6][7]

En febreiro de 2009 creouse Sikorsky Global Helicopters como unidade de negocio de Sikorsky Aircraft centrada na construción e comercialización de helicópteros comerciais. A unidade de negocio combina os principais helicópteros civís producidos por Sikorsky Aircraft e o negocio de helicópteros de Schweizer Aircraft que Sikorsky mercara en 2004.

En 2011, Sikorsky despediu 400 traballadores na súa planta Hawk Works, e posteriormente en 2012 aos 570 traballadores restantes e pechou todas as instalacións da compañía no condado de Chemung, trasladando o traballo de aparellos militares ás súas intalacións de West Palm Beach, Florida. Os produtos comerciais se trasladaron ás súas instalacións en Coatesville, Pensilvania.

A principal planta e as oficinas administrativas de Sikorsky están en Stratford, Connecticut. Sikorsky ten outras instalacións en Trumbull, Shelton, e Bridgeport, Connecticut; Fort Worth, Texas; West Palm Beach, Florida; e Huntsville, e Troy, Alabama.

Adquisición editar

No ano 2015 UTC considerou que Sikorsky rendía menos que as súas outras subsidiarias, e analizou unha posible escisión en vez dunha venda con grandes impostos.[8][9]

O 20 de xullo de 2015 Lockheed Martin anunciou un acordo para mercarlle Sikorsky a UTC por 9 000 millóns de dólares.[10] A aprobación final do goberno chinés chegou en novembro de 2015.[11] O proceso de venda completouse o 6 de novembro dese mesmo ano.[12]

Produtos editar

 
Sikorsky S-32
 
Sikorsky S-40

Avións editar

 
Sikorsky R-4
 
Sikorsky S-76
 
Sikorsky CH-53K King Stallion

Helicópteros editar

Notas editar

  1. "About Sikorsky". Sikorsky. Archived from the original on 02 de xullo de 2009. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  2. Sikorsky, Igor (1944). The Story of the Winged-S. Nova York: Dodd, Mead & Company. p. 160. ISBN 9781258163556. 
  3. 3,0 3,1 Spenser 1998
  4. "Sikorsky’s Acquisition of Schweizer is Complete" (PDF). Sikorsky. Archived from the original on 10 de abril de 2008. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  5. "Sikorsky opens HAWK WORKST completion center for military helicopters". Sikorsky. Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  6. "Sikorsky breathes new life into PZL Mielec". Flight International. Archived from the original on 11 de xuño de 2010. Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  7. "First S-70iTM Helicopter Fully Assembled at Sikorsky Facility in Poland". Sikorsky. Archived from the original on 10 de xaneiro de 2011. Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  8. "United Technologies To Explore Strategic Alternatives For Its Sikorsky Aircraft Business". United Technologies. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  9. "Sikorsky Not Profitable Enough For United Technologies". Aviation Week Network. Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  10. "Lockheed Martin to Acquire Sikorsky Aircraft and Conduct Strategic Review of IT and Technical Services Businesses". Lockheed Martin. Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  11. "Lockheed Martin receives final regulatory approval needed to close Sikorsky acquisition". Vertical. Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  12. "Lockheed Martin Completes Acquisition Of Sikorsky Aircraft". Lockheed Martin. Consultado o 4 de novembro de 2018. 

Bibliografía editar

  • Spenser, Jay P. "Sikorsky". Whirlybirds, A History of the U.S. Helicopter Pioneers. University of Washington Press, 1998. ISBN 0-295-97699-3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar