Shulamith Firestone

Shulamit Firestone, nada en Otava o 7 de xaneiro de 1954 e finada en Nova York o 28 de agosto de 2012, foi unha pensadora e activista do feminismo.

Infotaula de personaShulamith Firestone
Biografía
Nacemento(en) Shulamith Bath Shmuel Ben Ari Feuerstein Editar o valor em Wikidata
7 de xaneiro de 1945 Editar o valor em Wikidata
Otava, Canadá Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 2012 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Washington em St. Louis (pt) Traducir
School of the Art Institute of Chicago (en) Traducir
Telshe yeshiva (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMovimento feminista (pt) Traducir, feminismo e actividade literaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , activista polos dereitos das mulleres , filósofa Editar o valor em Wikidata
MovementoFreudo-Marxismo (pt) Traducir e feminismo radical Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

WikiTree: Feuerstein-339

Traxectoria editar

Foi a segunda dos seis fillos dunha familia xudía ortodoxa. Asistiu a unha escola rabínica e máis tarde graduouse en pintura no School of the Art Institute of Chicago. En 1967 mudouse a Nova York, onde fundou o New York Radical Woman e comezou a escribir ensaios sobre os dereitos das mulleres e o poder feminino. Liderou grupos e actividades pola liberación feminina nesa cidade e en Chicago, como a denominada Blue Stockings Society e, tras abandonala, a New York Radical Feminist.

A súa obra de 1970 The Dialectic of Sex foi bandeira da denominada "segunda onda" do feminismo. Nela acolle ideas da psicanálise de Sigmund Freud e Wilhelm Reich así como dos clásicos do marxismo para sentar as bases dunha nova ideoloxía feminista liberadora dos condicionantes biolóxicos, sociais e culturais que teñen anulada á muller na sociedade capitalista occidental.

A súa delicada saúde mental condicionou a súa vida ata que apareceu morta no seu apartamento onde vivía recluída de xeito asocial nunha loita de décadas contra a súa esquizofrenia.

Pensamento editar

A cópula, o embarazo o parto e a lactación son condicionantes biolóxicos que escravizan a muller e sobre os cales se impón unha sociedade patriarcal estruturada sobre a dominación masculina. Por iso a defensa do dereito ao aborto é ferramenta imprescindible e fundamental da liberación da muller.

Avoga pola cibernética para unha fertilización en laboratorios que ceibe á muller das súas cadeas biolóxicas e lle permita subvertir a orde establecida pola sociedade patriarcal e falocéntrica. É necesario que os homes se encarguen da crianza dos meniños ata que se rache coa familia biolóxica mediante unha sociedade de comunas que controle comunitariamente a fertilidade humana e onde as diferenzas xenitais non supoñan diferenzas inducidas culturalmente. Igual que a sociedade socialista se acada mediante a revolta da clase traballadora dominada e a súa ditadura para controlar os medios de produción, a sociedade patriarcal debe ser derrotada mediante a revolta da clase feminina dominada co fin de que esta acade o poder para controlar os medios de reprodución.

Unha das súas ideas controvertidas foi a ruptura do tabú do incesto e a apoloxía da pederastia ao defender que a idade de iniciación sexual humana non debe guiarse por criterios de idade (nin xénero, nin clase, nin raza).