Shoegazing (tamén coñecido como shoegaze) é un subxénero do rock alternativo aparecido no Reino Unido a finais dos anos 80. Durou ata mediados dos anos 90, chegando ao seu cénit nos anos 1990 e 1991. A prensa musical británica, especialmente NME e Melody Maker, chamou a este estilo shoegazing debido a que os músicos destas bandas estaban relativamente tranquilos durante as actuacións, e nun estado introspectivo ("non-confrontational state"), de aí a idea de que estaban mirando os seus zapatos (en inglés shoe). O excesivo uso de pedais de efectos tamén contribuíu á imaxe dos músicos mirando cara aos seus zapatos (shoegazing significa mirando os zapatos) durante os concertos.

Shoegazing
e
Orixe musicalrock alternativo, dream pop, neopsicodelia, noise pop, post-punk, drone music, space rock
Orixe culturalmediados dos 80 no Reino Unido
Instrumentos típicosguitarra, voces, baixo, batería
Derivadosnu gaze
Xéneros de fusión
post-metalpost-rock

O son shoegazing caracterízase polo significativo uso de efectos de guitarra, e polas indistinguibles melodías de voz que se mesturan e confunden co ruído creativo das guitarras. Nos anos 90, os grupos de shoegazing foron deixados de lado polo movemento grunge estadounidense, forzando a bandas relativamente descoñecidas a separarse ou a reinventar o seu estilo. En tempos máis recentes houbo un renovado interese polo xénero entre as bandas de "nu-gaze", como The Joy Formidable, DIIV, The Depreciation Guild, The Radio Dept, Grey Zine, Whirr e Snow in Mexico.

Os precursores máis citados do xénero son Cocteau Twins, The Jesus and Mary Chain, My Bloody Valentine, Spacemen 3 e Loop.