Shirley Temple

actriz estadounidense

Shirley Jane Temple, nada en Santa Monica (California) o 23 de abril de 1928 e finada en Woodside, no mesmo estado, o 10 de febreiro de 2014,[1] foi unha diplomática estadounidense e antiga actriz infantil. Protagonizou máis de 40 películas de cinema durante os anos 1930.

Infotaula de personaShirley Temple

(1948) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1928 Editar o valor em Wikidata
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte10 de febreiro de 2014 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Woodside, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza pulmonar obstructiva crónica Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAlta Mesa Memorial Park (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
United States Ambassador to Czechoslovakia (en) Traducir
23 de agosto de 1989 – 12 de xullo de 1992
← Julian Niemczyk (en) TraducirAdrian A. Basora (pt) Traducir →
Chief of Protocol of the United States (en) Traducir
1 de xullo de 1976 – 21 de xaneiro de 1977
← Henry E. Catto Jr. (pt) TraducirEvan Dobelle (pt) Traducir →
United States Ambassador to Ghana (en) Traducir
6 de decembro de 1974 – 13 de xullo de 1976 – Robert P. Smith (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHarvard-Westlake School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomática (1969–1992), política (1967–1992), actriz (–1965), actriz de televisión (1958–1965), actriz de cinema (–1950), bailarina (–década de 1940), actriz infantil (–década de 1940), cantante (–década de 1940) Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1932 Editar o valor em Wikidata - 1963 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoRCA Victor Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCharles Alden Black (pt) Traducir (1950–2005), morte do cónxuxe
John Agar (pt) Traducir (1945–1950) Editar o valor em Wikidata
FillosLori Black Editar o valor em Wikidata
PaisGeorge Francis Temple (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Gertrude Amelia Temple (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webshirleytemple.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000073 Allocine: 3067 Rottentomatoes: celebrity/shirley_temple Allmovie: p70237 TCM: 190104 TV.com: people/shirley-temple
Spotify: 325LVWNjKZv6UwNq5xuPHt iTunes: 212898572 Last fm: Shirley+Temple Musicbrainz: ca6e3c7f-2224-4927-96be-dd5e62f54b8e Discogs: 735741 Allmusic: mn0000751547 WikiTree: Temple-886 Find a Grave: 124923538 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Shirley Temple cando era nena, en 1933.

Ninguén sabe cando Shirley Temple comezou a facer películas xa que os estudios FOX fixeron un certificado de nacemento falso. Entre finais de 1931 e 1933 apareceu en dúas series de curtas para Educational Pictures. A súa primeira serie, Baby Burlesks, satirizaba as películas e política recentes. As series foron consideradas polémicas por algúns telespectadores pola súa representación de nenos pequenos en situacións adultas. A súa segunda serie en Educational, Frolics of Youth, foi un pouco máis aceptable e fixo o papel dunha irritante irmá máis nova nunha familia suburbana contemporánea.

Mentres traballaba para Educational Pictures, Temple tamén interpretou moitos papeis de figurante en diferentes películas. Finalmente asinou con Fox Film Corporation (que máis tarde se fusionou con 20th Century Pictures para converterse en 20th Century Fox) a finais de 1933 despois de aparecer en Stand Up and Cheer! con James Dunn. Máis tarde, fixo parella no cinema con Dunn en varias películas.

Amorne estaría con Fox até 1940, converténdose na actriz máis lucrativa para o estudio. O seu contrato foi corrixido varias veces entre 1933 e 1935, e foi prestada a Paramount para un par de películas exitosas en 1934. Durante catro anos sólidos, figurou como a estrela máis popular dos Estados Unidos. Para mantela na súa infancia, o certificado de nacemento de Shirley fora alterado. Só no seu duodécimo aniversario deuse conta de que tiña de feito trece.[2]

A súa popularidade gañou tanto a súa adulación pública como a aprobación dos seus colegas. Mesmo con cinco anos, o selo das súas actuacións era o seu profesionalismo: sempre tiña as súas frases memorizadas e os seus pasos de baile preparados cando a rodaxe comezaba. Foi a primeira receptora do Óscar Xuvenil en 1935. Setenta anos máis tarde, Temple era aínda a intérprete máis nova de toda a historia do cinema en recibir esta honra. Foi tamén a actriz máis nova en engadir as pegadas de pés e mans no exterior do Grauman's Chinese Theatre.

Morte editar

Shirley Temple faleceu de causas naturais na noite do 10 de febreiro de 2014, á idade de 85 anos na súa casa en Woodside, California, rodeada da súa familia e seres queridos.[3][4] Sobrevívenlle os seus tres fillos, así como os seus netos e bisnetos.[5]

Notas editar

  1. "Muere Shirley Temple, molde de todas las niñas prodigio del cine" El Mundo.
  2. "Thirteen". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2012. 
  3. Hollywood star Shirley Temple dies.
  4. "Shirley Temple, former Hollywood child star, dies at 85". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  5. Shirley Temple grandchildren.

Véxase tamén editar