Shigeru Kayano

político xaponés

Shigeru Kayano ( Kayano Shigeru?), naceu o 15 de xuño de 1926 e faleceu o 6 de marzo de 2006 nun hospital en Hokkaido na cidade de Sapporo. Shigeru Kayano foi un dos derradeiros falantes nativos da lingua ainu e a figura principal no movemento étnico dos ainus no Xapón. É considerado como unha das voces máis importantes a prol da defensa da cultura ainus, a súa lingua e costumes, buscando os dereitos políticos, culturais e humanos para os ainu. Shigeru Kayano definía Hokkaido cunha única frase: - "Hokkaido, Ainu no kuni desu" (Hokkaido, o país do pobo Ainu).

Shigeru Kayano
Nacemento15 de xuño de 1926
Lugar de nacementoNibutani
Falecemento6 de maio de 2006
Lugar de falecementoHigashi-ku
Causapneumonía
NacionalidadeXapón
EtniaPobo ainu
Ocupaciónpolítico
FillosShirō Kayano
PremiosPrémio Kan Kikuchi, Yoshikawa Eiji Cultural Award, Hokkaido Culture Award e Mainichi Publication Culture Award
Na rede
Musicbrainz: a13e5da5-4b6a-422a-91f7-5f34d9fd405a Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Política editar

Foi o primeiro político do pobo ainu na Kokkai (cámara alta xaponesa), polo Partido Social Democrático entre 1994 e 1998.

Como escritor editar

Foi o autor de máis de 25 libros sobre o pobo ainu, cos que non só tentou divulgar a súa cultura, senón tamén reivindicar os dereitos culturais, sociais e a liberación psicolóxica de moitos descendentes dos ainus.

Algúns dos seus libros traducidos en lingua inglesa son:

Homenaxes editar

O Museo Ainu foi fundado e adicado ó seu nome como homenaxe á súa dedicación ó pobo ainu. O museo constitúe un referente da cultura, costumes e historia dos ainus.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar