Sherlock Holmes: Xogo de sombras

filme de 2011 dirixido por Guy Ritchie

Sherlock Holmes: Xogo de sombras (en inglés: Sherlock Holmes: A Game of Shadows) é un filme británico-estadounidense dirixido por Guy Ritchie que se estreou no 2011. É a secuela do filme de 2009 Sherlock Holmes, baseado nas personaxes principais creadas por Sir Arthur Conan Doyle. O guión é obra de Kieran Mulroney e Michele Mulroney. Robert Downey, Jr. e Jude Law interpretan os papeis de Sherlock Holmes e Dr. John Watson.

Sherlock Holmes: Xogo de sombras
Ficha técnica
Título orixinalSherlock Holmes: A Game of Shadows
DirectorGuy Ritchie
ProdutorJoel Silver
Lionel Wigram
Susan Downey
Dan Lin
GuiónKieran Mulroney
Michele Mulroney
Baseado enPersonaxes de Arthur Conan Doyle
IntérpretesRobert Downey, Jr.
Jude Law
Noomi Rapace
Jared Harris
Stephen Fry
Kelly Reilly
Rachel McAdams
MúsicaHans Zimmer
FotografíaPhilippe Rousselot
MontaxeJames Herbert
EstudioVillage Roadshow Pictures
Silver Pictures
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea 16 de decembro de 2011
Galicia 25 de xaneiro de 2021 (TVG)
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
XéneroAcción e suspense
Orzamento$125 000 000[1]
Recadación$545 448 418
Filme anteriorSherlock Holmes
Na rede
http://sherlockholmes2.warnerbros.com
IMDB: tt1515091 Filmaffinity: 937637 Allocine: 173048 Rottentomatoes: m/sherlock_holmes_a_game_of_shadows Mojo: sherlockholmes2 Allmovie: v518386 TCM: 823624 Metacritic: movie/sherlock-holmes-a-game-of-shadows TV.com: movies/sherlock-holmes-a-game-of-shadows Netlix: 70202148Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 25 de xaneiro de 2021 a través da TVG.[2]

Sinopse editar

Sherlock Holmes sempre foi o máis listo de todos ata o de agora. E é que hai unha nova mente mestra no crime que anda solta, o profesor James Moriarty (Jared Harris), e non só está ó mesmo nivel intelectual que Holmes; ademais, a súa capacidade para o mal, combinada cunha total falta de conciencia, poderían concederlle certa vantaxe sobre o famoso detective. En todo o mundo se están producindo chamativas novas: un escándalo acaba cun potentado do algodón da India, un comerciante de opio chinés morre dunha aparente sobredose, estoupan bombas en Estrasburgo e Viena, fina un magnate do aceiro estadounidense... Ninguén ve ningunha conexión entre estes acontecementos aparentemente aleatorios, agás Sherlock, que adiviñou unha rede deliberada de morte e destrución.

Personaxes editar

Voz da dobraxe galega de Monti Castiñeiras.
Voz da dobraxe galega de Tacho González.

Notas editar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. TVG (ed.). "Sherlock Holmes: Xogo de sombras na TVG". Consultado o 23 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Sciretta, Peter (27 de maio de 2010). "Sherlock Holmes 2 Gets December 2011 Release Date, Rachel McAdams Will Return". /Film. Consultado o 18 de outubro de 2010. 
  4. Melrose, Kevin (23 de novembro de 2010). "Noomi Rapace to play Sim the Gypsy in ‘Sherlock Holmes 2′". Spin Off Online. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2010. Consultado o 28 de novembro de 2010. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Ffrench, Andrew (4 de novembro de 2010). "Sherlock movie stars steam into Didcot". The Oxford Times. Newsquest. Consultado o 28 de novembro de 2010. 
  6. "Jared Harris discusses 'fun' Sherlock Holmes 2". Total Film. Consultado o 22 de marzo de 2011. 
  7. "Stephen Fry talks Sherlock Holmes 2". Total Film. Consultado o 22 de marzo de 2011. 
  8. Bierly, Mandi (4 de febreiro de 2011). "Rachel McAdams cameo confirmed for 'Sherlock Holmes' sequel". Entertainment Weekly (Time Inc.). Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2011. Consultado o 12 de febreiro de 2011. 
  9. "Eddie Marsan reprising Sherlock Holmes role". Collider.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2010. Consultado o 2 de decembro de 2010. 
  10. "Sherlock Holmes: A Game of Shadows Movie Review". ComingSoon.net. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2012. Consultado o 27 de xuño de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar