Shaun Livingston

baloncestista estadounidense

Shaun Patrick Livingston, nado o 11 de setembro de 1985 en Peoria, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,01 m e 87 kg de peso, Livingston xoga na posición de base. O seu maior éxito é o anel de campión conseguido como membro dos Warriors na temporada 2014−15. Antes do equipo californiano formou parte de Los Angeles Clippers, equipo que o seleccionou no Draft da NBA en 2004, Miami Heat, Oklahoma City Thunder, Washington Wizards, Charlotte Bobcats, Milwaukee Bucks, Cleveland Cavaliers e Brooklyn Nets.

Shaun Livingston
Axente libre
Posición Base
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 11 de setembro de 1985 (38 anos)
Illinois Peoria, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 87 kg (192 lb)
Información da carreira
Instituto Peoria Central
NBA Draft 2004 / Rolda: 1 / Elección: 4
Por Los Angeles Clippers
Carreira desde 2004
Historial de equipos
Los Angeles Clippers (2004–2008)
Miami Heat (2008–2009)
Tulsa 66ers (2009) D-League
Oklahoma City Thunder (2009)
Washington Wizards (2010)
Charlotte Bobcats (2010–2011)
Milwaukee Bucks (2011–2012)
Washington Wizards (2012)
Cleveland Cavaliers (2012–2013)
Brooklyn Nets (2013–2014)
Golden State Warriors (2014–2019)
Premios e galardóns
Campión NBA (2015, 2017, 2018)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Instituto editar

Xogou primeiro no instituto Richwoods, pasando posteriormente ao de Peoria Central, onde se lle comparou coa grande estrela da NBA Magic Johnson. No ano 2004 xogou o McDonald's High School All-American, un partido que disputan os mellores xogadores de instituto da temporada, onde foi nomeado co-MVP. Debido ao éxito, aceptou unha bolsa para xogar e realizar os seus estudos na Universidade de Duke, mais pouco despois renunciou a ela, anunciando que se presentaría no Draft da NBA.

Profesional editar

Foi elixido na cuarta posición da primeira rolda do Draft de 2004]] por Los Angeles Clippers, aproveitando a praza que lles cederan os Charlotte Bobcats. Na súa tempada de rookie tan só puido disputar 30 partidos debido a unha lesión de xeonllo. A pesar diso, conseguiu facer unha media de 7,4 puntos e 5 asistencias por partido. Na súa segunda tempada tamén se perdeu un bo número de partidos por mor das lesións, mais a súa maior desgraza sucedería en febreiro de 2007, cando, tras unha mala caída, desconxuntouse a rótula e fracturouse os ligamentos anterior e posterior do xeonllo, o que lle fixo perderse o resto da temporada 2006−07, tendo prevista unha recuperación de polo menos 8 meses.

En outubro de 2008 asinou contrato con Miami Heat, pasando despois polos Oklahoma City Thunder e os Tulsa 66ers da NBA Development League. Tras pasar por Wizards e Bobcats, o 23 de xuño de 2011 asina polos Milwaukee Bucks nun traspaso a tres bandas. Posteriormente volvería aos Wizards, para xogar despois en Cleveland e Brooklyn. Finalmente en 2014 asina polos Golden State Warriors, equipo co que consegue o seu primeiro anel de campión.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar