Seu Vella de Lleida

A Catedral de Santa María da Seu Vella é un monumento arquitectónico da cidade de Lleida, en Cataluña. Atópase no outeiro que leva o seu nome, dende onde poden divisarse a cidade, o río Segre e gran parte da chaira de Lleida. A Seu Vella forma parte dun conxunto monumental integrado tamén polo Castelo do Rei (ou La Suda) e a fortificación militar que os rodea. Os tres elementos están catalogados como Ben Cultural de Interese Nacional.

Seu Vella de Lleida
PaísEspaña
Coordenadas41°37′04″N 0°37′36″L / 41.617777777778, 0.62666666666667Coordenadas: 41°37′04″N 0°37′36″L / 41.617777777778, 0.62666666666667
Estiloarquitectura románica
Páxina webhttp://www.turoseuvella.cat/
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

A catedral está situada no centro histórico da cidade, e considérase unha obra románica, aínda que presenta elementos da arquitectura gótica e algúns detalles renacentistas. Destaca especialmente o traballo escultórico das portas da Anunciata, do Portal Major e da Porta dels Fillols, consideradas por parte da historiografía como unha mostra paradigmática da chamada Escola de Lleida. Encargada a Pere de Coma en 1193, a primeira pedra do templo foi instalada o 22 de xullo de 1203, quedando consagrado en 1278, aínda que a obra non se deu por acabada ata a construción do ciborio e a cubrición das naves en 1286. O conxunto tamén está dotado dun claustro, situado atipicamente aos pés do templo, que comezou a construírse no último terzo do século XIII e non se acabou ata finais do século seguinte. Foi entón cando procederon a finalizar o conxunto coa construción do campanario e a porta dos Apóstolos.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar