Setecoros, Valga

parroquia civil do concello de Valga

San Salvador de Setecoros é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 687 habitantes (339 homes e 348 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 882 habitantes.

Setecoros
ConcelloValga[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°40′15″N 8°40′13″O / 42.6708909, -8.6702093Coordenadas: 42°40′15″N 8°40′13″O / 42.6708909, -8.6702093
Poboación687 hab. (2022)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

A igrexa parroquial é neoclásica, do século XVI (rematada en 1701), pero conserva varios capiteis de mármore antigos, dos séculos V e VI. Algúns deles consérvanse no museo da Catedral de Santiago e no museo de Pontevedra.

Consta dunha nave rectangular e unha ábsida a menor nivel cá nave, con contrafortes no punto de unión. Os muros laterais son lisos, con dúas xanelas de arco apuntado por cada banda e unha porta lateral moldurada alintelada. A sancristía está acaroada ao sur.

A fachada está dividida por cartro pilastras rematadas nun frontón triangular con óculo central simulado. ten portada en arco de medio punto moldurada. A torre - campanario lateral ten dous corpos, e está rematada en cúpula.

No lugar do Pino hai un peto de ánimas.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Setecoros editar

Lugares da parroquia de Setecoros no concello de Valga (Pontevedra)

Bronllo | Casal de Eirigo | As Cernadas | A Cerneira | A Eirexe | Louro | Magariños | O Outeiro | O Pino | Reguengo

Parroquias de Valga editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Valga

Campaña (Santa Cristina) | Cordeiro (Santa Comba) | Setecoros (San Salvador) | Valga (San Miguel) | Xanza (Santa María)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar