Sete Saias é un dúo, formado polas galegas Marta Quintana e Clara Pino, que apostan por unha renovación da música folk a través do contrapunto de arpas e voces.

Traxectoria editar

O dúo xurdiu a partir do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, na aula de arpa dirixida por Rodrigo Romaní. Marta Quintana e Clara Pino entrelazan voces e arpas, xunto con outros instrumentos, dándolle preferencia a composicións tradicionais galegas. Tamén hai cancións con letras de Álvaro Cunqueiro, Avilés de Taramancos ou do mesmo Rodrigo Romaní. Sacaron un disco en marzo de 2007, e leva por título Sete Saias. Rodrigo Romaní, ex-compoñente de Milladoiro, colaborou no mesmo realizando arranxos musicais.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar