O sestercio (sestertius, en latín) era unha antiga moeda romana. No período histórico da República era unha pequena moeda de prata, converténdose nunha moeda grande de bronce durante o Imperio (mais máis tarde volveuse cuñar nunha dobre serie de bronce e latón de 54,5 e 27,2 gramos respectivamente).[1][2]

Anverso e reverso dun sestercio de Caracalla.

O nome provén das palabras latinas semis ("medio") e tres ("tres"), isto é, "medio terceiro", xa que valía dous ases e medio. Adoitaba ir marcado coas letras LLS (duae librae et semis, "dúas libras e medio ás"), rememorando as libras, ou tamén con I·IS ou HS.[3][4]

Historia editar

 
Sestercio coa efixie de Vitelio.

O sestercio foi creado cara ao 211 a. C. como unha pequena moeda de prata que valía un cuarto de denario e, polo tanto, unha centésima parte dun áureo). Cando o valor do denario foi reaxustado a 16 ases, o sestercio tamén sufriu un reaxuste, pasando a valer 4 ases (mantendo, polo tanto a paridade equivalente a un cuarto de denario.[5]

Forma parte do novo sistema monetario introducido no ano 212 a. C. que substituíu o cobre como patrón monetario baseado no ás. Este novo sistema monetario estaba formado ademais do sestercio, polo denario, polo quinario e polo ás, co seguinte cadro de equivalencias:

Equivalencias entre moedas romanas
Denario Quinario Sestercio Ás Metal
Denario (símbolo X) 1 2 4 10  
Quinario (símbolo V) 1/2 1 2 5  
Sestercio (símbolo IIS) 1/4 1/2 1 2,5  
Ás (símbolo I) 1/10 1/5 2/5 1  
 
Dobre sestercio de Traxano Decio (249-251).

No 23 a.C., a reforma monetaria de Augusto transformou o sestercio nunha moeda grande de bronce; do mesmo xeito que o dupondio, estaba feito cunha liga dourada chamada oricalco. O salario medio dun obreiro da época podía oscilar entre os 700 e os 2.000 sestercios ao ano. Circulou ata mediados do século III d.C.[6]

Xa cara ao final do Imperio, no marco da forte desvalorización da moeda producida no século III, apareceu no seu lugar, con escaso éxito, o dobre sestercio, que foi emitido durante os reinados de Traxano Decio (249-251), pola súa esposa Herenia Etruscila (249-251) e por Póstumo (259-268).[7][8]

Notas editar

  1. "Sestercio" no DRAG e no Portal das Palabras.
  2. Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Sestercio (1)".
  3. "Sestertius". En Algunos tipos de monedas antiguas.
  4. "Sestertius". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
  5. "Fractions of the denarius: sestertius". En Roman bronze coins. www.moneta-romanae.com
  6. "Sestercio". En Algunos tipos de monedas antiguas.
  7. "Doble sestercio". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com.
  8. Vagi, David L. (2001). "Double sestertius".

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar