Servizo Nacional de Parques

O Servizo Nacional de Parques (en inglés: National Park Service) é unha axencia do Goberno Federal dos Estados Unidos, dependente do Departamento do Interior. Foi fundado o 25 de agosto de 1916. Esta entidade é responsábel da xestión de 58 parques nacionais e de 333 outros locais de interese histórico, cultural e natural.

Servizo Nacional de Parques
National Park Service
Logo do Servizo Nacional de Parques
Información xeral
Formación 25 de agosto de 1916
Sede central Main Interior Building (MIB), Washington, D.C.
Empregados 15.000 permanentes
5.000 estacionais
Voluntarios: 140.000 (2006)
Orzamento 2.256 millóns de dólares (2006)
Sitio web
www.nps.gov

Sistema Nacional de Parques editar

O Sistema Nacional de Parques é un termo que describe o conxunto de parques e lugares xestionados polo Servizo Nacional de Parques. Este sistema abarca uns 333.000 km², dos cales 17.000 km² seguen sendo propiedade privada. O maior parque, o Parque Nacional Wrangell-St. Elias, en Alasca, con 53.000 km² compón un 16% total do sistema. A unidade máis pequena do sistema a forma o Memorial Thaddeus Kosciuszko, en Pensilvania, con 80m².

Amais destas unidades e demais propiedades que o Servizo Nacional de Parques posúe e administra, tamén outorga asistencia técnica ou financeira a áreas afiliadas, coa autorización do congreso. Entre estas áreas atópase a Reserva Nacional de Piñeiros de Nova Jersey, de 4.711 km², o Memorial Benjamin Franklin.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar