Serra do Faro de Avión

serra galega

A serra do Faro de Avión é unha importante elevación ao sur da dorsal galega situada entre os concellos de Melón, Avión e Carballeda de Avia, na provincia de Ourense, e os concellos de Covelo e A Cañiza na provincia de Pontevedra.

A serra do Faro de Avión.

Características editar

A serra do Faro de Avión está separada da serra do Suído polos ríos Tea e Avia. A súa máxima altura é o monte do mesmo nome, que acada os 1.155 metros. O seu valor ecolóxico é máximo: resulta de capital importancia para as evolucións do lobo e, ademais doutros mamíferos e aves rapaces, tense observado a aguia real e o bufo real. Conserva os restos dalgunha turbeira e carballeiras como a de Prado e a de Avión, dunha apreciable extensión. Mesmo se albisca a orografía dun antigo glaciar.

Esta serra alimenta a cunca do río Miño a través do Brul, o Cerves, o Deva e o Tea. Existen nela paraxes de gran beleza como a fervenza de Tourón e conxuntos dun valor arquitectónico e etnográfico sobresaínte como os cabaceiros de Vivenzo. Pese a todas estas virtudes, esta serra carece de protección. Está moi afectada polos parques eólicos instalados nos seus cumes.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar