A serra do Faro é un accidente xeográfico montañoso galego. Separa a comarca do Deza da comarca de Chantada e mais tamén as concas fluviais do Miño e do Ulla. Está unida polo norte á serra do Farelo.

Monte Faro visto desde San Cristovo.
Monólito con poema de Johan de Requeixo no monte Faro.

Características editar

Presenta unha dirección NL-SO e nela dominan as rochas graníticas moi fracturadas. Divídese morfoloxicamente en tres grandes bloques, o superior situado a 900 metros, o central a 800 metros e o inferior a 700 metros. O monte Faro, con 1187 metros é a máxima altura. Outros cumes destacados son Piorno (1059 metros), Penas Grandes (1026 metros), Cabeza (968 metros), Pena de Francia (914 metros) e Cantelle (896 metros).

A serra do Faro presenta tres ecosistemas diferenciados. O principal é o constituído por monte baixo, predominando os toxos, fentos, carpazas, queirogas e xestas e no que habitan os coellos, lebres, lobos, raposos e toupas, alén de cotovías, lavercas, paspallás, pombas e ferreiros. Nas valgadas aparece o bosque caducifolio, composto por carballos, cerquiños, bidueiros e abruñeiros, xunto con arandeiras, cabaciñas ou xaboeiras. Por último, o monocultivo de piñeiros constitúe o terceiro ecosistema.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar