Aralar é unha serra situada entre Guipúscoa e Navarra, que fai 30 quilómetros de longo de leste a oeste e 12 quilómetros de ancho de norte a sur. A parte guipuscoana, que abrangue un terzo da serra, foi declarada parque natural en 1994.

Serra de Aralar vista dende Txindoki.

O cumio máis alto é o Intzako Dorrea (a Torre de Intza) ou Irumugarrieta, a 1 431 metros sobre o nivel do mar e no lado navarro, mais a montaña máis coñecida é o Larrunarri ou Txindoki, no extremo oeste e en territorio guipuscoano.

A serra está formada maioritariamente por pedra calcaria, da idade do xurásico e do cretáceo e de orixe mariña.[1] Nestes materiais calcarios desenvolvéronse numerosos fenómenos cársticos, con 850 cavidades exploradas entre as que destaca lacova de Ormazarreta II pola súa lonxitude (6 815 metros) e profundidade (576 metros).[2] Na superficie hai numerosos dolinas e lapías nas zonas onde o bosque non cobre as rochas.

A vexetación principal é a faia, con algúns teixos e acivros. Nalgunhas zonas baixas do norte hai carballos como o carballo común e nas zonas do sur algunhas enciñeiras.[2]

Notas editar

  1. Millan, Isabel (2009). El contexto geológico de la cueva de Mendukilo: la sierra de Aralar (PDF). Sociedad Española de Espeleología y Ciencias del Karst. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de maio de 2014. Consultado o 1 de abril de 2011. 
  2. 2,0 2,1 Galan, Carlos (2004). Espeleología física del karst de Aralar (PDF). Aranzadi Zientzia Elkartea. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xullo de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2015.