A serpentina (do latín serpens pola semellanza dalgúns exemplares coa pel dunha serpe) constitúe unha serie de minerais da clase dos silicatos cuxa fórmula química é (Mg,Fe,Ni)3Si2O5(OH)4.

Serpentina
Serpentina coa súa típica cor verde escura
Fórmula química(Mg,Fe,Ni)3Si2O5(OH)4
ClaseSilicatos
SubclaseFilosilicatos
Sistema cristalinoMonoclínico
CorBranca, verde escura, vermella, parda e negra
BrilloDe graxo a terroso
Dureza2,5
FracturaDiferente segundo a variedade
ExfoliaciónDiferente segundo a variedade
RaiaVerde escura
Densidade2,5-2,6 g/cm3

Aspecto editar

É raro que a serpentina apareza en forma de grandes cristais.

Variedades da serpentina editar

Segundo a súa coloración e mínimas diferenzas de composición pódense diferenciar varias clases de serpentina:

  • Antigorita, de cor verde escura.
  • Amianto, formado por fibras finas e paralelas e dunha cor normalmente máis branca.

Outras clases de serpentina son a serpentina corrente (de cor negra), a serpentina nobre (de cor verde amarela) e a serpentina masiva (de cor verde e utilizada como pedra ornamental).

Lugares onde se atopa editar

A serpentina preséntase en xacementos de tipo sedimentario formando grandes extensións consideradas rochas de serpentina.

Podemos atopar serpentina nos cantís do Cabo Ortegal (A Coruña).

Usos da serpentina editar

O seu uso máis destacado é o de pedra ornamental para a fabricación de adornos e esculturas.

Outros silicatos editar

Outros silicatos importantes son o cuarzo, a mica, o feldespato e a olivina.