Sergio Marqués

político español

Sergio Rutilio Marqués Fernández, nado en Xixón o 4 de agosto de 1946 e finado na mesma cidade o 8 de maio de 2012, foi un político asturiano. Ocupou o cargo de Presidente do Principado de Asturias entre 1995 e 1999.

Infotaula de personaSergio Marqués

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Sergio Marqués Fernández Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1946 Editar o valor em Wikidata
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de maio de 2012 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Presidente do Principado de Asturias
10 de xullo de 1995 – 20 de xullo de 1999
← Antonio TrevínVicente Álvarez Areces → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo - dereito Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular
Unión Renovadora Asturiana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Oviedo. En 1977 entrou a formar parte da Alianza Popular. Formou parte da candidatura dese partido á Xunta Xeral do Principado de Asturias nas eleccións autonómicas de 1987, resultando elixido deputado e renovando o escano en 1991. En setembro de 1993, foi elixido vicepresidente do Partido Popular asturiano.

Tras a renuncia de Isidro Fernández Rozada, encabeza a candidatura do PP á Xunta Xeral do Principado, resultando vencedor, con maioría simple, fronte á encabezada polo entón Presidente do Principado Antonio Trevín. Foi investido Presidente do Principado e ostentou o cargo até as eleccións de 1999.

Mais o seu mandato non estivo exento de polémicas. A diferenza de criterio entre parte do seu Goberno e os dirixentes rexionais e estatais do PP (especialmente con Francisco Álvarez-Cascos, de quen se dixo que quería gobernar Asturias desde Madrid) fixeron que Sergio Marqués decidise romper as relacións co seu partido, e o 2 de decembro de 1998 fundou a Unión Renovadora Asturiana (URAS), partido que xiraba arredor da súa persoa e formado case exclusivamente polos desencantados co Partido Popular. Continuou adiante co seu goberno, en minoría, e concorreu como cabeza de lista nas eleccións autonómicas de 1999, obtendo un pobre resultado (só 3 deputados) e pasando á oposición.

Moitos dos dirixentes do PP, que en principio apoiaran as teses de Marqués e deixaran o PP para integrarse na URAS, foron abandonando o novo partido pouco a pouco, e nas eleccións autonómicas e municipais de 2003 regresaron ás filas populares. Marqués encabezou de novo a candidatura de URAS á Xunta Xeral, mais desta vez non obtivo ningún escano.

En 2004, Marqués impulsou a creación de Unión Asturianista, unha coalición entre o seu partido e o Partíu Asturianista (PAS) de Xuan Xosé Sánchez Vicente. Encabezou a candidatura deste novo partido ás eleccións autonómicas de 2007, obtendo 13.338 votos (2,2%),[1] cos que non conseguiu escano.

Sergio Marqués faleceu o 8 de maio de 2012 na súa cidade natal, tras sufrir un infarto do que non puido recuperarse.[2]

Notas editar

  1. "Resultados generales de la Elección a Diputados de la Junta General del Principado de Asturias celebradas el 27 de mayo de 2007" (PDF). Boletín Oficial del Principado de Asturias. 14 de xuño de 2007. Consultado o 27 de decembro de 2019. 
  2. "Fallece Sergio Marqués, ex presidente del Principado". La Nueva España. 8 de maio de 2012. Consultado o 4 de xuño de 2012. 
Predecesor:
Isidro Fernández Rozada
 
Portavoz do Grupo Popular na
Xunta Xeral do Principado de Asturias

1993-1995
Sucesor:
Leonardo Verdín Bouza
Predecesor:
Antonio Trevín
 
Presidente do Principado de Asturias

1995-1999
Sucesor:
Vicente Álvarez Areces