Sepultura (enterramento)

Para outros significados ver Sepultura.

Unha sepultura é o lugar onde se enterra a unha persoa ou animal tras a súa morte. Xeralmente as sepulturas agrúpanse nun cemiterio, e a súa situación está sinalada por unha lápida.

Unha sepultura cun sarcófago aberto no seu interior. O sarcófago usarase como receptáculo do Cadaleito no que repousará o falecido.

As sepulturas son comúns a case todas as culturas humanas, con diferenzas en canto a ritos e decoracións, dependendo das crenzas con respecto á morte e a existencia despois dela.

Algunhas culturas, como a exipcia, sepultaban aos seus mortos con todas as súas posesións terreais, pensando que as necesitarían no máis alá.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar