Sendeiros de gloria

filme de 1957 dirixido por Stanley Kubrick

Sendeiros de gloria (en inglés: Paths of Glory) é un filme antibélico estadounidense do ano 1957, cuxa acción se desenvolve durante a Primeira guerra mundial. Foi dirixido por Stanley Kubrick e protagonizado por Kirk Douglas. Baséase na novela do mesmo nome de Humphrey Cobb, publicada en 1935.

Sendeiros de gloria
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalPaths of Glory
DirectorStanley Kubrick
ProdutorJames B. Harris
Guión
Baseado enPaths of Glory de Humphrey Cobb
Intérpretes
MúsicaGerald Fried
FotografíaGeorg Krause
MontaxeEva Kroll
EstudioBryna Productions
DistribuidoraUnited Artists
Estrea 25 de decembro de 1957
Galicia 14 de abril de 2002 (TVG)
Duración88 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroBélico
Orzamento$900 000[1]
Na rede
IMDB: tt0050825 Filmaffinity: 448956 Allocine: 4499 Rottentomatoes: m/paths_of_glory Mojo: pathsofglory Allmovie: v37425 TCM: 19285 Metacritic: movie/paths-of-glory TV.com: movies/paths-of-glory Editar o valor em Wikidata

En 1992, o filme foi considerado «cultural, histórica e esteticamente significativo» pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e seleccionada para a súa preservación no National Film Registry.

Estreouse en galego o 14 de abril de 2002 a través da TVG.[2]

Sinopse editar

A historia desenvólvese en Francia, en 1916. O ataque suicida do Exército francés contra as posicións alemáns no outeiro das formigas (Ant Hill), un punto estratéxico de vital importancia para o desenvolvemento da Primeira guerra mundial, convértese nun fracaso estrepitoso. Para escarmentar as tropas cun castigo exemplar, o xeneral Mireau (George Macready), un dos principais responsables do ataque e do seu fracaso, convoca un consello de guerra: tres soldados elixidos ao azar polos seus superiores son acusados falsamente de covardía ante o inimigo, e enfróntanse á pena de morte por fusilamento.

Personaxes editar

  • Kirk Douglas - coronel Dax
  • Adolphe Menjou - xeneral George Broulard
  • George Macready - xeneral Paul Mireau
  • Richard Anderson - comandante Saint-Auban
  • Wayne Morris - tenente Roget
  • Joseph Turkel - soldado Pierre Arnaud
  • Ralph Meeker - cabo Philippe Paris
  • Bert Freed - sarxento Boulanger
  • Kem Dibbs - soldado Lejeune
  • Timothy Carey - soldado Maurice Ferol
  • Emile Meyer - sacerdote
  • John Stein - capitán Rousseau

Notas editar

  1. McGee, Scott; Steffen, James. Turner Classic Movies, ed. "Paths of Glory (1958) - Articles". Consultado o 15 de decembro de 2014. 
  2. "Edición do sábado". La Vanguardia: 9. 13 de abril de 2002. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar