Sempre ao teu lado, Hachiko

filme de 2009 dirixido por Lasse Hallström

Sempre ao teu lado, Hachiko (en inglés: Hachi: A Dog's Tale) é un filme británico-estadounidense de 2009 dirixido por Lasse Hallström, escrito por Stephen P. Lindsey e Kaneto Shindo, e producido por Richard Gere, Bill Johnson e Vicki Shigekuni Wong. É unha adaptación do filme xaponés de 1987 Hachikō Monogatari. O filme orixinal conta a historia real dun can de raza Akita chamado Hachikō que viviu no Xapón na década de 1920. Na versión de 2009, a historia ocorre nos Estados Unidos, e está protagonizada por Gere, Joan Allen, Sarah Roemer, Jason Alexander e Cary-Hiroyuki Tagawa.

Sempre ao teu lado, Hachiko
Ficha técnica
Título orixinalHachi: A Dog's Tale
DirectorLasse Hallström
ProdutorRichard Gere
Bill Johnson
GuiónStephen P. Lindsey
Baseado enHachikō Monogatari de Kaneto Shindô
IntérpretesRichard Gere
Joan Allen
Erick Avari
Jason Alexander
MúsicaJan A. P. Kaczmarek
FotografíaRon Fortunato
MontaxeKristina Boden
EstudioHachiko, LLC
Grand Army Entertainment, LLC
Opperman Viner Chrystyn Entertainment
Scion Films
Inferno Production
DistribuidoraStage 6 Films
EstreaSeattle: 8 de xuño de 2009
Galicia 6 de xaneiro de 2021 (TVG)
Duración93 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
XéneroDrama
Orzamento16 millóns de dólares
Recadación46,7 millóns de dólares
Na rede
http://www.hatchi.fr/
IMDB: tt1028532 Filmaffinity: 994598 Allocine: 128959 Rottentomatoes: m/hachi_a_dogs_tale Allmovie: v399989 TCM: 676940 TV.com: movies/hachi-a-dogs-tale
Facebook: mbc4tv/videos/870696039633041 Netlix: 70118677Editar o valor em Wikidata

Sempre ao teu lado, Hachiko estreouse no Festival Internacional de Cinema de Seattle o 13 de xuño de 2009, e nos cinemas do Xapón o 8 de agosto de 2009. A finais de setembro de 2010, a recadación do filme superou os 45 millóns de dólares.[1]

Estreouse en galego o 6 de xaneiro de 2021 a través da TVG.[2] Foi traducido ao galego por Magdalena Sánchez.[3]

Personaxes editar

Notas editar

  1. Itzkoff, Dave (2010-09-24). "Film Has Two Big Names and a Dog, but No Big Screens". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-05-26. 
  2. TVG (ed.). "Sempre ao teu lado, Hachiko na TVG". Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  3. TVG (ed.). "Sempre ao teu lado, Hachiko por Magdalena Sánchez". Consultado o 1 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar