Un selfie ou selfy- tamén coñecido en galego co nome de autofoto[1] -é unha fotografía que unha persoa tira de si mesma, ou ben de si mesma acompañada doutras persoas, animais, obxectos ou circunstancias, que xeralmente se obtén por medio de teléfonos móbiles, webcams ou cámaras dixitais, e que tipicamente se partillan con posterioridade nas redes sociais.[2] Nas selfies, o fotógrafo e o fotografado son a mesma persoa.

O expresidente de Corea do Sur, Lee Myung-Bak e a futbolista Ji So Yun.

Nas fotografías tipo selfie, é habitual ver os brazos da persoa que tira a foto ao suxeitar a cámara ou o móbil.[3]

Notas editar

  1. "Gañarémoslle o pulso ao selfie?". Un idioma preciso. Servizo de Normalización Lingüística da USC. 2 de xullo de 2014. 
  2. Diccionario Oxford (ed.). "Selfie: definición.". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  3. Urban Dictionary (ed.). "Selfie: definition". Consultado o 30 de decembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar