Véxase tamén: Kaguya.

Representa á Lúa na mitoloxía grega, é filla dos titáns Hiperión e Tía, e irmá de Helios (o Sol) e de Eos (a aurora). Era representada como unha muller xove que percorría o ceo nun carro de prata tirado por dous cabalos brancos.

Selene, Hesperos, Phosphoros (Louvre, París)
Selene, Altar de Pérgamo, Berlín.

Conta a lenda que en certa ocasión namorouse dun pastor chamado Endimión (fillo de Cálice, filla de Eolo [1]), e pediulle a Zeus que lle concedera un desexo. Este aceptou e concedeulle o que quixera. Endimión pediu durmir eternamente, permanecendo inmortal e sen avellentar [2].

Notas editar

  1. Este Eolo era fillo de Helén e rei da Eólida, e non se debe confundir con Eolo.
  2. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016, Libro I, 7, 5.