Selección de fútbol de Galicia

selección nacional de fútbol

A selección de fútbol de Galicia é o equipo de fútbol formado por xogadores galegos, que representa á Federación Galega de Fútbol, independentemente de que participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola FIFA. Dado que este organismo non é membro da FIFA nin do COI, a selección absoluta galega non pode participar en torneos oficiais e só disputa partidos amigábeis a nivel internacional. Porén, en categorías inferiores participa nas competicións que organiza a Federación Española de Fútbol, e dende 1999 a selección de Galicia de afeccionados disputa a Copa das Rexións da UEFA.

Galicia
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Federación Galega de Fútbol
Confederación {{{Confederación}}}
Código FIFA
Alcume A Irmandiña[1][2]
Clasificación FIFA {{{Ranking}}}
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Galicia Fran
Galicia Míchel Salgado
Máis encontros
Máximo goleador
Estrea internacional
Galicia Galicia 4 - 1 Centro
Coia, Vigo; 19 de novembro de 1922
Maior vitoria
Galicia Galicia 8 - 2 Escuadra británica
Coia, Vigo; 21 de xaneiro de 1923
Maior derrota
Galicia Galicia 1 - 3 Asturias Asturias
Coia, Vigo; 25 de febreiro de 1923

O equipo é coñecido familiarmente como «A Irmandiña», rememorando a historia da Galicia medieval, na cal se constituíron Irmandades para a defensa do pobo fronte os abusos dos señores.

Historia editar

Primeira etapa oficial editar

Campionato Interrexional 1922/23 editar

 
Manuel de Castro foi seleccionador nesta primeira etapa xunto a Pepe Bar.

A confección da primeira selección galega prodúcese para a disputa do Campionato Interrexional da tempada 1922/23, un campionato de carácter obrigatorio no que participan as seleccións das federacións afiliadas á Real Federación Española de Fútbol, as cales podían seleccionar calquera futbolista dos seus clubs federados independentemente do lugar onde nacera, e co que se pretendía confeccionar un combinado estatal en condicións que representase a España nos Xogos Olímpicos de 1924.[3][4]

Os seleccionadores desta primeira etapa son Manuel de Castro e Pepe Bar.[5] O debut oficial prodúcese o 19 de novembro de 1922 fronte á selección do Centro (ás veces tamén chamada Castela, xa que a Federación Centro abranguía as provincias castelás de Ávila, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Segovia e Toledo) nos cuartos de final do Campionato Interrexional, gañando o equipo galego por 4-1. O partido foi disputado no campo vigués de Coia. O equipo titular da estrea estaba formado por Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Balbino Clemente, Pepe Hermida, Moncho, Ramón González, Chiarroni, Polo, e Pedro Pinilla. Chiarroni marcou o 1-0. Empatou a selección Centro cun gol de Monjardín (xogador que curiosamente nacera na Coruña). Polo adiantou de novo á selección galega. Pinilla de penalti marcou o 3-1 e Ramón fixo o cuarto tanto galego.[6][7][8]

O primeiro partido fronte a un rival internacional tivo lugar o 7 de xaneiro de 1923. Galicia enfrontouse a unha selección lisboeta, da que formaban parte moitos xogadores da selección portuguesa, vencendo por 3-1. Por Galicia xogaron: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Jacobo Torres, Balbino, Reigosa, Ramón González, Chiarroni, Polo e Pinilla. A selección gañou 3-1, con dous goles de Polo e un de Reigosa.[9][10][11]

O 14 de xaneiro de 1923 a selección galega enfrontouse en Sevilla ao equipo de Andalucía no encontro de semifinais do Campionato Interrexional. O once galego compoñíano os mesmos xogadores que gañaran á selección lisboeta a semana anterior: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Torres, Balbino, Reigosa, Ramón González, Chiarroni, Polo e Pinilla. Aos tres minutos, Ramón conseguiu o primeiro gol dos galegos. Empatou Andalucía de penalti pouco antes do descanso. Polo logrou o desempate e Ramón e, por cabo, Chiarroni ampliaron a vantaxe galega.[12][13][14]

 
Luis Otero, subcampión olímpico en 1920, foi un dos integrantes da primeira selección galega.

Unha semana despois, o 21 de xaneiro, a selección galega contendeu en Coia contra unha selección da escuadra inglesa. No equipo de Galicia xogaban Isidro, Otero, Juanito Clemente, Queralt, Torres, Balbino, Salvador, Ramón González, Chiarroni, Polo e Pinilla. Pinilla abriu o taboleiro, Ramón marcou o segundo tanto e Pinilla repetiu fortuna co terceiro gol[Cómpre referencia]. Os ingleses conseguiron minguar a vantaxe antes do descanso. Os xogadores foron ao vestiario cun 4-2 favorábel aos galegos. Na segunda parte a selección galega lograría catro tantos máis. O taboleiro rexistrou finalmente un 8-2 a favor da selección de Galicia.[15][16]

O 28 de xaneiro a selección de Pontevedra enfrontouse á selección galega en Bouzas. Adiantouse o equipo de Galicia cun gol de Luís Correa. E no segundo tempo anotaron gol Polo, Chiarroni e outra vez Correa. A selección da ‘boa vila’ logrou o tanto de honra por medio de Besada e o partido rematou cun 4-1 no taboleiro.[17][18] Ao domingo seguinte disputouse en Pontevedra o partido de volta. Gañou a selección galega 1-3. O partido foi xogado en Pasarón. Pasarín, de penalti, e Chiarroni, en dúas ocasións, foron os goleadores do combinado galego. O gol da selección lerense foi anotado por Castillo.[19][20][21]

A selección aínda xogou un partido de adestramento máis antes da final do Campionato Interrexional. Foi o 18 de febreiro no campo de Coia fronte dun combinado ferrolán-coruñés. Venceu a selección galega 7-1.[22][23] Tres goles foron obra de Ramón González, dous de Polo e outros dous de Chiarroni.[24]

Por cabo, o 25 de febreiro de 1923 o equipo de Galicia xogou contra a selección asturiana a final do Campionato Interrexional. No once galego estaban Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Torres, Hermida, Reigosa, Balbino, Chiarroni, Polo e Pinilla. Ramón González non puido xogar a final por lesión. Polo rompeu o marcador cun tanto, pero os asturianos protagonizaron unha remontada que pechou o marcador cun 1-3 e a primeira derrota da selección de Galicia, que rematou subcampioa do torneo.[25][26][27][28][29] A causa do resultado os seleccionadores presentaron a súa dimisión,[30] mais a Federación Galega de Fútbol pediulles que a retirasen.[31] Despois da derrota, houbo críticas ao feito de que a selección galega fose confeccionada soamente con xogadores do Fortuna de Vigo e do Vigo Sporting e non se contase cos xogadores dos outros equipos galegos.[28][29][32][33] Porén, a boa imaxe amosada no torneo serviu de pulo para que ese mesmo ano os dous clubs vigueses decidisen fundirse nun só e crear o Real Club Celta de Vigo.[34][35]

En maio dese mesmo ano, a selección galega enfrontouse outra vez coa selección de Lisboa, desta volta na capital lusa o 27 de maio. Na selección de Galicia xogaban Isidro, Juanito, Pasarín, Viñas, Balbino, Machín, Reigosa, Ramón, Manolo Posada, Polo e Pinilla. Marcou de penalti Pinilla, pero os lisboetas déronlle a volta ao marcador cos goles de João Francisco e de Jaime Gonçalves.[36][37]

Campionato Interrexional 1923/24 editar

En novembro de 1923 comezou o campionato Campionato Interrexional da tempada 1923/24, enfrontándose o día 25 dese mesmo mes a selección de Galicia contra a selección do Centro no campo de Ciudad Lineal, en Madrid, no partido de cuartos de final. Gañou a selección do Centro por 1-0. O equipo galego estivo formado por: Isidro, Clemente, Hermida, Queralt, Balbino, Viñas, Reigosa, Gerardo, Chicha, Polo e Pinilla.[38][39][40]

O Campionato Interrexional foi suprimido na asemblea da Real Federación Española de Fútbol celebrada o verán de 1924,[41] pechándose así esta primeira etapa.

Iniciativas posteriores durante os anos 1920-1930 editar

Os seguintes partidos xorden de iniciativas particulares e non da propia federación. En 1929, co gallo da Coroación da Virxe das Dores na Coruña,[42] o comité promotor dos festexos concertou un partido benéfico entre as seleccións de Galicia e do Centro en Riazor.[43] O equipo galego aliñou con Isidro, Manolín, Pasarín, Hermida, Rivera, Basterrechea, Reigosa, Hilario, Rogelio, Polo e Pérez. Os futbolistas Hilario, Pérez, Manolín e Basterrechea aínda que xogaban en clubs galegos non naceran en Galicia, pero iso non foi impedimento para que participasen igualmente no conxunto galaico. A selección do Centro tamén aliñou xogadores non nados no seu ámbito territorial pero que militaban nos clubs desa federación, coma Prats, Esparza, Peña, Rubio, Marín, Vázquez ou o galego Cosme. O partido rematou cun empate 0-0.[43][44][45]

O 8 de xuño de 1930 celebrouse un partido no campo de Chamartín entre a selección de Galicia e a selección do Centro. O partido convocouse para recadar fondos para as familias damnificadas polo naufraxio de catro pesqueiros de Bouzas.[46][47][48][49] A iniciativa partiu de Ramón Fernández Mato.[50][51] Ademais, o Concello de Vigo custeou unha artística copa de prata chamada Copa Vigo, deseñada por Federico Ribas, que sería outorgada á selección gañadora.[47][48][52] A aliñación galega foi Isidro, Jiménez, Pasarín, Paredes, Vega, Fariña, Reigosa, Losada, Chacho, Hilario e Polo. Formaron coa selección galega Jiménez e Hilario aínda que non eran nados en Galicia, e coa selección Centro xogadores como Ordóñez, San Miguel, Triana, Morera e Cosme aínda que non naceran nas provincias castelás que abranguía a súa federación. Comezou o partido marcando dous goles Losada e un gol Fariña, acabando o primeiro período con tres goles de vantaxe a favor dos galaicos. No descanso Lilo subtituíu a Isidro na portaría. Na reanudación, os do Centro conseguen marcar por medio de Ordóñez e cando xa se achegaba o final do partido Hilario anota o cuarto gol galego, finalizando así o encontro cun 1-4 a favor da selección galega.[53][54][55] Unha semana antes, Galicia derrotara o Sporting Clube de Portugal en Balaídos por 4-2. No equipo galego xogaran Isidro, Cabezo (que foi substituído aos cinco minutos por Jiménez), Hermida, Paredes, Vega, Fariña, Reigosa, Losada, Polo, Hilario e Rubio. Tres goles foron marcados por Losada e o outro por Polo. Os goles lisboetas foron de Correia e Rogério.[56]

Durante estes anos, houbo tamén outros partidos de homenaxe onde tomaron parte combinados de xogadores galegos, coma o disputado o 11 de agosto de 1929 en Riazor para homenaxear a Luis Otero, onde xogou o Deportivo da Coruña con Samitier (do F.C. Barcelona) e Cosme (do Real Madrid) fronte a unha selección galega formada por xogadores do Celta de Vigo, Racing de Ferrol e o defensa Calvo do Racing Club de Madrid, empatando 0-0,[57][58] ou o disputado o 7 de setembro de 1930 en homenaxe a Ramón Polo, onde un combinado galego derrotou en Balaídos o Athletic Club (campión de Liga e Copa ese ano) por 5-4.[59][60] Outros partidos con combinados galegos foron un partido en homenaxe a Isidro no que xogaron o Deportivo da Coruña e unha selección galega en Riazor o 23 de agosto de 1931 no que gañou o club herculino 3-1,[61][62] un encontro en homenaxe a Manuel Rivera xogado no Inferniño o 22 de agosto de 1932 entre o Racing de Ferrol e unha selección galega con vitoria para o equipo departamental 3-2[63] ou un partido entre a selección de Lisboa e un combinado de futbolistas do Celta e o Deportivo que se xogou na capital lusitana o 29 de xuño de 1930 con vitoria para os lisboetas por 4-2.[64][65]

En 1936, o Comité Rexional Pro-Olimpíada Popular seleccionou un combinado galego para participar na Olimpíada Popular de Barcelona,[66] resposta internacional aos Xogos de Berlín. O 12 de xullo, seis días antes do golpe de Estado, xogou o combinado galego un encontro de adestramento en Balaídos.[67] Segundo afirman certas fontes,[68] moitos destes xogadores galegos ficarían na Cidade Condal, a maioría loitaría no bando republicano, e segundo algúns testemuños habería xogadores galegos deste equipo que disputarían encontros xunto a outros soldados durante a guerra civil española e a segunda guerra mundial.

O franquismo editar

En maio de 1939, ao remate da guerra civil, anunciouse un partido en Balaídos entre o Futebol Clube do Porto e “a selección galega”,[69][70] que rematou 5-1 a favor dos portuenses.[71] A pesar de se anunciar con ese título, non foi un partido oficial da selección, xa que non foi organizado pola Federación Galega de Fútbol, razón pola cal o Racing de Ferrol se negou a ceder os seus xogadores.[72] Despois deste encontro tamén se publicou na prensa que se estaban a facer xestións para que unha selección galega, que desta volta si sería confeccionada pola FGF, xogase no Porto contra o club dos dragões,[73][74] pero isto non se chegou a producir.

Durante este período foron disputados algúns partidos onde participaron combinados de xogadores galegos, coma o xogado en 1943 entre o Deportivo da Coruña e un equipo de galegos con Ricardo Zamora na meta.[75][76][77] En 1961 unha selección galega enfrontouse en Pasarón a outra do norte de Portugal, formando parte do equipo galego xogadores como Domínguez, Lamelo, Matito ou Jaime Blanco. O resultado foi de empate 1-1, sendo Villita o autor do gol galego.[78]

Nesta época apareceu a selección galega xuvenil, que comezou a participar no campionato estatal organizado pola Real Federación Española de Fútbol e acadou o subcampionato en 1966.[79] Durante esta etapa tamén aparece a selección galega de afeccionados, xunto a outras seleccións territoriais de afeccionados de España, co propósito de promover o fútbol non profesional e con vistas á creación dunha selección española que tomaría parte na Copa da UEFA Amateur.[80]

Intentos de recuperación editar

O primeiro partido da selección absoluta galega despois da ditadura estivo a piques de celebrarse o 24 de xullo de 1980 en Compostela, pero colleu os xogadores de vacacións. O partido ía ser contra Euskadi.

En 1982, antes do Mundial de España, houbo unha tentativa para organizar un partido contra Camerún.

A finais dos 90, o movemento bravú recuperou a Selección Galega para o debate impulsado por Siareiros Galegos dende 1996, co agrupamento de peñas do Celta, do Deportivo e mais da S.D. Compostela. En 1997, Xurxo Souto catalizou a creación do primeiro número da revista Bravú, de periodicidade irregular e que se vendía acompañado polo álbum musical Selección Xa!, dedicada á recuperación da selección galega.

A idea reencarnouse deportivamente na Estrada, nun partido entre seareiros e profesionais do xornalismo e da cultura en Galicia, que comezou coa Marcha do Antigo Reino de Galicia. Os seareiros gañaron 7-2. No equipo de intelectuais xogaban Afonso Eiré na meta, Antón Reixa, Xosé Cid Cabido e Xosé Manuel Pereiro na defensa; Moncho Viña, Manuel Rivas, Rómulo Sanjurjo, Xurxo Souto ou Paco Lodeiro na media e cara a adiante.

A selección oficial no século XXI editar

Etapa 2005-2008 editar

A selección galega absoluta foi recuperada finalmente no ano 2005. En agosto iniciáronse as xestións cunha xuntanza entre Julio Meana, presidente da Federación Galega de Fútbol, e Santi Domínguez, Director Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia co goberno bipartito[81] e en setembro anunciouse un encontro para o 28 ou 29 de decembro en Santiago de Compostela.[82] Finalmente, o estadio Multiúsos de San Lázaro bautizou a selección galega de fútbol na súa posta de longo fronte á selección do Uruguai o sábado 29 de decembro de 2005. O colexiado ourensán Bernardino González Vázquez dirixiu o encontro. O resultado foi 3-2 a prol de Galicia.[83]

 
Arsenio Iglesias foi, xunto con Fernando Vázquez, un dos adestradores galegos desta época.

Os seleccionadores do primeiro combinado nacional foron Fernando Vázquez e Arsenio Iglesias. O once inicial estivo composto por: Diego López, na portería; Otero e Cabrejo, nos laterais; Rubén e Capi, centrais; Cabanas e Borja, pivotes; Julio Álvarez, Pablo Álvarez e Nano, centrocampistas, e Losada como home máis adiantado.

O técnico galego Fernando Vázquez, antes de comezar o partido, quitoulle importancia ao posible resultado, defendendo que o combinado galego se converteu nun "símbolo de identidade", algo que na súa opinión, lle facía falta a Galicia.

 
Partido Galicia-Ecuador (28 de decembro de 2006).

O estadio de Riazor acolleu o 28 de decembro de 2006 o segundo partido da época contemporánea da selección de Galicia. Enfronte estivo a selección de Ecuador, e o resultado final foi de empate a un (1-1),[84][85] con goles do ecuatoriano Calle e de Jonathan Pereira para os galegos. O once inicial foi o formado por López, Barragán, Rubén, Noguerol, Fuentes, Viqueira, Borja, Julio Álvarez, Nano, Trashorras e Couñago.

 
Jonathan Pereira no Galicia-Camerún.

O 27 de decembro de 2007, no estadio vigués de Balaídos, a selección galega enfrontouse a Camerún, no que era o terceiro partido da época contemporánea. O partido comezou cunha hora e corenta e cinco minutos de atraso, debido a liortas internas na selección do Camerún,[86] e rematou con empate (1-1), os dous goles metidos de penalti, adiantándose primeiro Galicia, por medio de Julio Álvarez no minuto 70, e empatando para Camerún Song, no minuto 87.[87] Pese ao atraso da selección do Camerún, os seareiros rozaron o cheo no estadio, chegando aos 28.000 afeccionados.

De novo o 27 de decembro, en 2008, no estadio de Riazor, a selección galega enfrontouse á de Irán con resultado favorable á Irmandiña por 3 a 2[88]. O primeiro gol anotouno o galego Nacho Novo no minuto 22. A selección iraniana empatou no minuto 31 do primeiro tempo por mediación de Borhani. Xa na segunda parte Nacho Novo por segunda vez puxo por diante a Galicia, no minuto 58 de partido. Pouco despois, no 65 e de penalti, Roberto Losada ampliaba o marcador batendo o porteiro e poñendo o 3-1 no marcador. O iraniano Khalatbari recortou o marcador poñendo o definitivo 3 a 2.[89]

Inactividade entre 2009 e 2016 editar

O partido contra a selección de Irán converteuse no último encontro oficial disputado pola Selección Galega, ao suspenderse a axuda por parte da Xunta de Galicia unha vez o Partido Popular gañou as eleccións de 2009 e colocou a José Ramón Lete como Director Xeral para o Deporte, quen rematou abruptamente coas experiencias da selección galega[90] e ao tempo co equipo ciclista Xacobeo Galicia.

Dende ese momento a asociación de afeccionados Siareir@s Galeg@s comezou a organizar encontros anuais entre unha selección galega mixta (formada por futbolistas pertencentes aos clubs da Segunda División B, da Terceira División e das ligas femininas) e outras seleccións do exterior, co obxecto de reivindicar a recuperación oficial da selección e a total liberdade para defender as cores de Galicia en competicións internacionais. Os partidos leváronse a cabo sen axuda federativa nin institucional, e segundo os organizadores, enfrontáronse a moitas trabas xa que os equipos de Primeira e Segunda División non cederon os seus xogadores e mesmo os árbitros tiveron moitos problemas para poder dirixir os encontros.[91] Organizaron cinco partidos entre 2009 e 2013, deixando de organizalo en 2014.[92]

Ese mesmo ano, a Federación Galega de Fútbol, despois dunha conversa que mantiveron Fernando Vázquez e Johan Cruyff, tentou organizar dous encontros amigables fronte a Cataluña,[1] pero finalmente non se chegaron a concretar.[92] En decembro de 2015, Siareir@s Galeg@s organizou un novo encontro reivindicativo.[93] Nesas mesmas datas, Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol, anunciou en declaracións á Televisión de Galicia que no ano 2016 sería disputado un encontro da selección galega oficial.[94][95] Previamente Lucas Pérez e Iago Aspas manifestaran publicamente o seu apoio á volta da selección galega e o seu desexo de formar parte dela.[94][95]

Encontro de 2016 editar

 
Xogadores galegos celebrando o 1-0 ante Venezuela.

En abril de 2016, o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, anunciou oficialmente a celebración dun encontro da selección galega absoluta fronte á selección de Venezuela o día 20 de maio no estadio de Riazor.[96][97] Foron designados seleccionadores Míchel Salgado e Fran.[98] O partido foi disputado na data prevista, rematando cun empate 1-1. O gol galego foi anotado por Iago Aspas no minuto 36. O equipo venezolano conseguiu empatar grazas a un gol de Josef Martínez no minuto 92, co partido a piques de finalizar.[99][100]

Uniforme editar

O primeiro uniforme da selección empregado en 1922 e 1923 consistía nunha camisola branca coa cruz de Santiago no peito e pantalón azul.[101] A selección que xogou en 1930 contra a do Centro e o Sporting C.P. utilizou unha camisola branca cun escudo co dragón verde sobre fondo dourado atribuído aos reis suevos.[102][103] A recuperación da selección absoluta en 2005 trouxo un deseño completamente novo cunha camisola branca con franxas azuis inclinadas 45º graos inspiradas na da bandeira de Galicia.[104][105] En 2016 volveu a camisola branca como primeiro equipamento.[106] A selección galega de afeccionados e outras categorías inferiores teñen empregado outro uniforme composto de camisola branca coa franxa diagonal da bandeira galega, pantalón azul e medias brancas.[107]

 
 
 
 
 
 
Selección absoluta 2005-08


 
 
 
 
 
 


Uniforme 2016 editar

A selección galega absoluta ten os seguintes dous uniformes:[106]

  • Uniforme titular: Camiseta branca; pantalón azul; medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta de cadros en tons azul claro e azul mariño; pantalón azul mariño; medias azul mariño.
 
 
 
 
 
 
Titular


 
 
 
 
 
 
Alternativo


Xogadores editar

Última convocatoria da selección absoluta editar

Os seleccionadores anunciaron o 6 de maio de 2016 a listaxe de convocados para o partido fronte á selección de Venezuela[108] aínda que logo se produciron modificacións e a convocatoria final foi a seguinte:[109]

Partidos disputados e goles actualizados a 21 de maio de 2016.

Nome Data de nacemento Club P.D. G. Debut
Porteiros
1- Sergio Álvarez 3 de agosto de 1986 (37 anos)   Celta de Vigo 1 0 20-05-2016
13- Mariño 9 de maio de 1990 (33 anos)   Levante UD 1 0 20-05-2016
Defensas
22- Hugo Mallo 22 de xuño de 1991 (32 anos)   Celta de Vigo 1 0 20-05-2016
19- Jonny 3 de marzo de 1994 (30 anos)   Celta de Vigo 1 0 20-05-2016
4- Álex Bergantiños 7 de xuño de 1985 (38 anos)   Deportivo da Coruña 2 0 27-12-2008
3- Angeliño 4 de xaneiro de 1997 (27 anos)   Manchester City FC 1 0 20-05-2016
15- Diego Alende 25 de agosto de 1997 (26 anos)   Celta de Vigo 1 0 20-05-2016
Centrocampistas
6- Fran Rico 3 de agosto de 1987 (36 anos)   Granada CF 1 0 20-05-2016
10- Juan Domínguez 8 de xaneiro de 1990 (34 anos)   Deportivo da Coruña 1 0 20-05-2016
5- Mosquera 21 de abril de 1988 (35 anos)   Deportivo da Coruña 1 0 20-05-2016
18- Pape Cheikh 8 de agosto de 1997 (26 anos)   Celta de Vigo 1 0 20-05-2016
Dianteiros
8- Denis Suárez 6 de xaneiro de 1994 (30 anos)   Villarreal CF 1 0 20-05-2016
Iago Falque 4 de abril de 1990 (33 anos)   AS Roma 0 0 20-05-2016
9- Iago Aspas 1 de agosto de 1987 (36 anos)   Celta de Vigo 1 1 20-05-2016
23- Jota Peleteiro 6 de xuño de 1991 (32 anos)   SD Eibar 1 0 20-05-2016
7- Lucas Pérez 10 de setembro de 1988 (35 anos)   Deportivo da Coruña 1 0 20-05-2016
Joselu 27 de marzo de 1990 (34 anos)   Stoke City FC 1 0 20-05-2016

Partidos editar

Data Campo Competición Rival Resultado Goleadores
19-11-1922 Coia (Vigo) Campionato interrexional
(cuartos de final)
  Centro 4 - 1 Chiarroni   Polo   Pinilla   Ramón González  
07-01-1923 Coia (Vigo) amigable   Lisboa 3 - 1 Polo     Reigosa  
14-01-1923 Reina Victoria (Sevilla) Campionato interrexional
(semifinais)
  Andalucía 1 - 4 Ramón González     Polo   Chiarroni  
21-01-1923 Coia (Vigo) amigable   Escuadra británica 8 - 2 Pinilla     Ramón González  
28-01-1923 Bouzas (Vigo) amigable   Pontevedra 4 - 1 Correa     Polo   Chiarroni  
04-02-1923 Pasarón (Pontevedra) amigable   Pontevedra 1 - 3 Pasarín   Chiarroni    
18-02-1923 Coia (Vigo) amigable       A Coruña-Ferrol 7 - 1 Ramón González       Polo     Chiarroni    
25-02-1923 Coia (Vigo) Campionato interrexional
(final)
  Asturias 1 - 3 Polo  
27-05-1923 Campo Grande (Lisboa)[110] amigable   Lisboa 2 - 1 Pinilla  
25-11-1923 Ciudad Lineal (Madrid) Campionato interrexional
(cuartos de final)
  Centro 1 - 0
28-07-1929 Riazor (A Coruña) amigable (Festas das Dores)   Centro 0 - 0
01-06-1930 Balaídos (Vigo) amigable   Sporting de Lisboa 4 - 2 Losada       Polo  
08-06-1930 Chamartín (Madrid) amigable (a beneficio das familias do naufraxio de Bouzas)   Centro 1 - 4 Losada     Fariña   Hilario  
25-12-2005 San Lázaro (Santiago de Compostela) amigable   Uruguai 3 - 2 Nano   9' Deus   48'   79'
28-12-2006 Riazor (A Coruña) amigable   Ecuador 1 - 1 Jonathan Pereira   68'
27-12-2007 Balaídos (Vigo) amigable   Camerún 1 - 1 Julio Álvarez   70'
27-12-2008 Riazor (A Coruña) amigable   Irán 3 - 2 Nacho Novo   22'   58' Roberto Losada   65'
20-05-2016 Riazor (A Coruña) amigable   Venezuela 1 - 1 Iago Aspas   36'

Palmarés editar

Selección absoluta editar

Selección de afeccionados editar

Outras seleccións editar

  • Campionato de España sub-18 (1): 1983[114]
  • Campionato de España sub-16 (1): 1990[115]
  • Campionato de España feminino (1): 1985[116]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Pardo, Miguel (2 de xaneiro de 2014). "O camiño que trae de volta a selección". Consultado o 9 de agosto de 2014. 
  2. A Irmandiña (alcume do equipo)
  3. "La Asamblea de Vigo". La Correspondencia de España nº 23.350 (en castelán). 27 de xullo de 1922. p. 4. 
  4. "Importante acuerdo sobre los traspasos de jugadores" (PDF). El Mundo Deportivo nº 856 (en castelán). 24 de xullo de 1922. p. 1. 
  5. "Ecos deportivos. Fútbol. Probables y posibles". Galicia: diario de Vigo nº 82 (en castelán). 27 de outubro de 1922. p. 6. 
  6. "Galicia vence a Centro por 4 a 1". Galicia: diario de Vigo nº 104 (en castelán). 22 de novembro de 1922. p. 3. 
  7. "Deportes. En Vigo". El Ideal Gallego nº 1.633 (en castelán). 21 de novembro de 1922. p. 2. 
  8. "Galicia vence al Centro por 4 a 1" (PDF). El Mundo Deportivo nº 878 (en castelán). 20 de novembro de 1922. p. 4. 
  9. "Un gran match internacional. Galicia vence a Lisboa por 3 a 1". Galicia: diario de Vigo nº 143 (en castelán). 9 de xaneiro de 1923. p. 3. 
  10. "Deportes. En Vigo. La selección gallega vence a la portuguesa". El Ideal Gallego nº 1.676 (en castelán). 9 de xaneiro de 1923. p. 1. 
  11. "Galicia vence a la selección de Portugal" (PDF). El Mundo Deportivo nº 888 (en castelán). 8 de xaneiro de 1923. p. 4. 
  12. "La selección de Galicia vence en Sevilla a la de Andalucía por 4 a 1". Galicia: diario de Vigo nº 149 (en castelán). 16 de xaneiro de 1923. p. 3. 
  13. "En Sevilla. Semifinal Galicia-Andalucía". Madrid-Sport nº 329 (en castelán). 18 de xaneiro de 1923. p. 7. 
  14. "Como obtuvo Galicia el triunfo sobre Andalucía" (PDF). Mundo Deportivo nº 890 (en castelán). 19 de xaneiro de 1923. p. 2. 
  15. "Ecos deportivos. Galicia 8-Selección inglesa 2". Galicia: diario de Vigo nº 156 (en castelán). 23 de xaneiro de 1923. p. 6. 
  16. "Deportes. En Vigo. La selección gallega vence a una selección de la escuadra inglesa". El Ideal Gallego nº 1.688 (en castelán). 23 de xaneiro de 1923. p. 1. 
  17. "Ecos Deportivos. Galicia 4-Selección Pontevedresa 1". Galicia: diario de Vigo nº 162 (en castelán). 30 de xaneiro de 1923. p. 6. 
  18. "De Sport. Selección gallega 4-Selección pontevedresa 1". Diario de Pontevedra nº 11.667 (en castelán). 29 de xaneiro de 1923. p. 2. 
  19. "En Pasarón. Selección gallega 3, selección pontevedresa 1". Diario de Pontevedra nº 11.673 (en castelán). 5 de febreiro de 1923. p. 2. 
  20. "Deportes. En Pontevedra". El Ideal Gallego nº 1.700 (en castelán). 6 de febreiro de 1923. p. 2. 
  21. "Ecos deportivos. Selección gallega 3-Pontevedresa 1". Galicia: diario de Vigo nº 168 (en castelán). 6 de febreiro de 1923. p. 6. 
  22. "Ecos deportivos. Campeonato de regiones". Galicia: diario de Vigo nº 180 (en castelán). 20 de febreiro de 1923. p. 6. 
  23. "De Sport. Ayer en Vigo". Diario de Pontevedra nº 11.684 (en castelán). 19 de febreiro de 1923. p. 2. 
  24. "Resumen de los partidos de la semana". El Progreso nº 4.676 (en castelán). 27 de febreiro de 1923. p. 2. 
  25. "La final del campeonato interregional de futbol. Asturias venció a Galicia por 3 a 1". Galicia: diario de Vigo nº 186 (en castelán). 27 de febreiro de 1923. p. 3. 
  26. "El campeonato de España. La selección gallega es derrotada por la selección asturiana, por 3 goals a 1". El Orzán nº 1.508 (en castelán). 27 de febreiro de 1923. p. 1. 
  27. "Asturias vence a Galicia por 3 a 1" (PDF). Mundo Deportivo nº 903 (en castelán). 26 de febreiro de 1923. p. 1. 
  28. 28,0 28,1 "Los asturianos ganan la final de regiones". Diario de Pontevedra nº 11.690 (en castelán). 26 de febreiro de 1923. p. 2. 
  29. 29,0 29,1 "De Sport. La final de selecciones". La Integridad nº 9.859 (en castelán). 26 de febreiro de 1923. p. 2. 
  30. "Ecos deportivos. Consecuencias de nuestra derrota. Dimisiones". Galicia: diario de Vigo nº 189 (en castelán). 2 de marzo de 1923. p. 6. 
  31. "Ecos deportivos. La Federación gallega. Nota oficial". Galicia: diario de Vigo nº 190 (en castelán). 3 de marzo de 1923. p. 6. 
  32. "La derrota del equipo "gallego" que no es gallego...". Madrid-Sport nº 335 (en castelán). 1 de marzo de 1923. p. 3. 
  33. "De Sport. Fatalidad, imprevisión y absolutismo". Progreso: diario independiente nº 3.081 (en castelán). 1 de marzo de 1923. p. 2. 
  34. "Ecos deportivos. ¿Ha llegado la hora?". Galicia: diario de Vigo nº 153 (en castelán). 19 de xaneiro de 1923. p. 6. 
  35. "Ecos deportivos. Fusión Vigo-Fortuna". Galicia: diario de Vigo nº 166 (en castelán). 3 de febreiro de 1923. p. 6. 
  36. "Ecos deportivos. Un gran match internacional. Lisboa 2, - Galicia 1". Galicia: diario de Vigo nº 262 (en castelán). 29 de maio de 1923. p. 6. 
  37. "De Sport. La selección gallega en Lisboa". La Integridad nº 9.933 (en castelán). 28 de maio de 1923. p. 2. 
  38. "De Sport. Campeonato interregional. Galicia pierde por 1 a 0". Diario de Pontevedra nº 11.685 (en castelán). 26 de novembro de 1923. p. 2. 
  39. "Deportes". El Ideal Gallego nº 1.933 (en castelán). 30 de novembro de 1923. p. 3. 
  40. "Ecos deportivos. Campeonato interregional. Centro vence a Galicia por uno a cero". Galicia: diario de Vigo nº 412 (en castelán). 27 de novembro de 1923. p. 6. 
  41. "Supresión del Campeonato Interregional". Madrid-Sport nº 406 (en castelán). 10 de xullo de 1924. p. 3. 
  42. Fernández, Carlos (3 de marzo del 2007). "La Virgen de los Dolores fue coronada por Jaime de Borbón". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03/06/2016. Consultado o 28/05/2016. 
  43. 43,0 43,1 "La vida deportiva. Comentarios a un match veraniego". La Libertad nº 2.922 (en castelán). 31 de xullo de 1929. p. 8. 
  44. "Las selecciones del Centro y de Galicia empatan a cero". El Orzán nº 3.465 (en castelán). 30 de xullo de 1929. p. 2. 
  45. "Una selección del Centro empató con la gallega a cero goals en match benéfico" (PDF). Mundo Deportivo nº 2.201 (en castelán). 29 de xullo de 1929. p. 4. 
  46. "Preparándose para el match benéfico Centro-Galicia. El back olímpico Pasarín ante el sensacional encuentro". El Pueblo Gallego nº 1.917 (en castelán). 23 de maio de 1930. p. 2. 
  47. 47,0 47,1 "Madrid abre su corazón sobre el infortunio de Bouzas". Vida Gallega nº 451 (en castelán). 10 de xuño de 1930. p. 13. 
  48. 48,0 48,1 "El partido de hoy, en Chamartín, a beneficio de las familias de los náufragos de Bouzas. Selección gallega contra selección del Centro". Crónica nº 30 (en castelán). 8 de xuño de 1930. p. 20. 
  49. "Un temporal deja 42 marineros muertos en el naufragio de cuatro barcos de Bouzas". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de febreiro de 2010. 
  50. "Por las viudas y los huérfanos de Bouzas". El Pueblo Gallego nº 1.901 (en castelán). 4 de maio de 1930. p. 2. 
  51. "Información Deportiva. Selección gallega contra selección madrileña". El Correo Gallego nº 18.275 (en castelán). 24 de abril de 1930. p. 4. 
  52. "La Copa Vigo en juego". El Pueblo Gallego nº 1.901 (en castelán). 4 de maio de 1930. p. 3. 
  53. "Deportes. La selección Galicia vence a la Centro por 4-1". El Orzán nº 3.633 (en castelán). 10 de xuño de 1930. p. 2. 
  54. "El partido benéfico de Madrid. Galicia bate magníficamente a Centro por cuatro tantos a uno". La Correspondencia de Valencia nº 21.209 (en castelán). 9 de xuño de 1930. p. 3. 
  55. "El fútbol interregional. Galicia-Centro". Diario de Alicante nº 5.875 (en castelán). 9 de xuño de 1930. p. 3. 
  56. "La selección gallega bate al Sporting lisboeta por 4 a 2". El Pueblo Gallego nº 1.926 (en castelán). 3 de xuño de 1930. p. 3. 
  57. "Deportes. La selección Celta-Racing empata con el Deportivo". El Orzán nº 3.447 (en castelán). 13 de agosto de 1929. p. 2. 
  58. "El Homenaje a Luis Otero". Correo de Galicia nº 1.233 (en castelán). 8 de setembro de 1929. p. 5. 
  59. "El combinado gallego batió por 5-4 al campeón de España". El Pueblo Gallego nº 2.007 (en castelán). 9 de setembro de 1930. p. 3. 
  60. "De Sport. Los Campeones nacionales pierden por 5-4". Progreso: diario independiente nº 10.979 (en castelán). 9 de setembro de 1930. p. 3. 
  61. "Información deportiva. El homenaje a Isidro". El Orzán nº 4.004 (en castelán). 25 de agosto de 1931. p. 2. 
  62. "Información deportiva. El homenaje a Isidro". El Orzán nº 4.004 (en castelán). 25 de agosto de 1931. p. 3. 
  63. "La vida deportiva. Homenaje a Rivera". La Libertad nº 3.877 (en castelán). 23 de agosto de 1932. p. 8. 
  64. "El match de Lisboa. La selección lisboeta venció al combinado galaico". El Pueblo Gallego nº 1.950 (en castelán). 1 de xullo de 1930. p. 2. 
  65. "El match de Lisboa. La selección lisboeta venció al combinado galaico". El Pueblo Gallego nº 1.950 (en castelán). 1 de xullo de 1930. p. 3. 
  66. "La representación gallega para la Olimpiada Popular. Actuará el domingo en un festival en Balaídos". El Pueblo Gallego nº 4.029 (en castelán). 10 de xullo de 1936. p. 2. 
  67. "El domingo en Balaídos. Tuvo lugar la presentación de los seleccionados para la Olimpiada Popular". El Pueblo Gallego nº 4.032 (en castelán). 14 de xullo de 1936. p. 2. 
  68. Afonso Eiré (1998). O futbol na sociedade galega. A Nosa Terra. ISBN 84-89976-51-1. 
  69. "El Porto F.C. actuará mañana frente a la selección gallega". El Pueblo Gallego nº 4.884 (en castelán). 17 de maio de 1939. p. 6. 
  70. "A las cinco comenzará el Porto-Selección gallega". El Pueblo Gallego nº 4.885 (en castelán). 18 de maio de 1939. p. 8. 
  71. "El once portugués no tuvo enemigo en el mediocre combinado Vigo-Coruña". El Pueblo Gallego nº 4.886 (en castelán). 19 de maio de 1939. p. 6. 
  72. "Que cada cual cargue con lo que le corresponda". El Pueblo Gallego nº 4.888 (en castelán). 21 de maio de 1939. p. 8. 
  73. "Deportes. Acotaciones". El Pueblo Gallego nº 4.926 (en castelán). 5 de xullo de 1939. p. 6. 
  74. "Deportes. Acotaciones". El Pueblo Gallego nº 4.927 (en castelán). 6 de xullo de 1939. p. 8. 
  75. "Empatan a tres Deportivo y Selección Gallega". El Pueblo Gallego nº 6.045 (en castelán). 5 de xaneiro de 1943. p. 4. 
  76. "Homenaje a Paco González. Selección gallega, 3; Deportivo, 3". La Región nº 8.859 (en castelán). 5 de xaneiro de 1943. p. 3. 
  77. "En el homenaje a Paco González. Empatan a tres tantos el Deportivo y la selección gallega". Hoja de los lunes nº 394 (en castelán). Vigo. 4 de xaneiro de 1943. p. 3. 
  78. "Empataron (1-1) las selecciones de Galicia y Norte de Portugal". La Noche (en castelán) (12379). 19 de maio de 1961. p. 5. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  79. "La selección gallega perdió el partido final contra Valencia (1-4)". El Pueblo Gallego nº 14.851 (en castelán). 8 de maio de 1966. p. 14. 
  80. "Selección Gallega de Aficionados". El Pueblo Gallego (en castelán). 11 de novembro de 1965. p. 14. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  81. "Haberá selección galega de fútbol para o Nadal". Vieiros. 26 de agosto de 2005. 
  82. "La selección gallega debuta en diciembre en Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de setembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 05/01/2016. Consultado o 27/12/2015. 
  83. "Galicia-Uruguay. Histórico triunfo ante un bicampeón mundial" (PDF). Mundo Atlético nº 26.807 (en castelán). 30 de decembro de 2005. p. 13. 
  84. "A gran festa do fútbol rematou en empate: Galiza 1 - 1 Ecuador", Vieiros, 29 de decembro de 2006.
  85. "Galicia empata con Ecuador en Riazor". El Mundo (en castelán). 28 de decembro de 2006. 
  86. El partido que enfrentó a la selección de Galicia y Camerún se salda con empate
  87. "Un pobo contra os elementos", artigo n' A Nosa Terra, 29 de decembro de 2007.
  88. "A festa do fútbol nacional remata con vitoria de Galiza fronte a Irán (3-2)", artigo en GZnación 28 de decembro de 2008.
  89. "Goles de Nacho Novo e Losada manteñen á selección galega invicta", artigo en Galiciaé, 28 de decembro de 2008.
  90. "La Xunta y la federación descartan el partido de la selección gallega". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de setembro de 2009. 
  91. Pardo, Miguel (28 de decembro de 2012). ""Hai futbolistas do Deportivo e do Celta que queren vir á selección galega, pero non lles deixan"". 
  92. 92,0 92,1 Pardo, Miguel (10 de decembro de 2014). "Nin amigable da selección galega nin partido pola oficialidade". 
  93. "Galiza vence o Senegal (1-0) no partido que reivindicou a volta da selección oficial". Sermos Galiza. 26 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2015. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  94. 94,0 94,1 En 2016 volverá a selección galega de fútbol (Televisión de Galicia). 23 de decembro de 2015. 
  95. 95,0 95,1 Portugal podería ser o rival de Galicia (Televisión de Galicia). 23 de decembro de 2015. 
  96. Federación Galega de Fútbol (9 de abril de 2016). "A Selección Galega Absoluta regresa cun partidazo contra a "Vinotinto"". 
  97. Federación Galega de Fútbol (14 de abril de 2016). "Rafael Louzán presentou hoxe oficialmente o partido internacional". 
  98. Federación Galega de Fútbol (15 de abril de 2016). "Os mellores futbolistas galegos das últimas décadas asumen o mando da Selección". 
  99. Federación Galega de Fútbol (20 de maio de 2016). "A Selección Galega voltou cun fútbol de quilates contra Venezuela". 
  100. "La magia de la Irmandiña se queda sin victoria". Faro de Vigo (en castelán). 20 de maio de 2016. 
  101. "El día futbolístico. En Vigo. Asturias vence a Galicia". El Sol nº 1.732 (en castelán). 27 de febreiro de 1923. p. 4. 
  102. "Un gran match galaico lusitano". El Pueblo Gallego nº 1.925 (en castelán). 1 de xuño de 1930. p. 3. 
  103. "A beneficio de las familias de los náufragos de Bouzas. La selección gallega triunfa rotundamente sobre la central". El Pueblo Gallego nº 1.932 (en castelán). 10 de xuño de 1930. p. 5. 
  104. "Simboloxía" Vieiros: Canal Seleccións
  105. "Galicia se pone la camiseta". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de outubro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 18/05/2016. Consultado o 18/05/2016. 
  106. 106,0 106,1 Federación Galega de Fútbol (14 de maio de 2016). "A primeira camiseta é branca en recordo da orixinal de 1922". 
  107. Federación Galega de Fútbol (18 de novembro de 2015). "Amigable entre o CD Ribadumia e a Selección Galega de Afeccionados". 
  108. Federación Galega de Fútbol (6 de maio de 2016). "Fran e Míchel destacan o gran nivel do noso combinado". 
  109. Federación Galega de Fútbol (19 de maio de 2016). "A Selección Galega xa está concentrada na Coruña con 17 xogadores". 
  110. "Vida Sportiva. A chegada dos jogadores da Galiza". A Capital: diário republicano da noite nº 4.388 (en portugués). 26 de maio de 1923. p. 3. 
  111. "A Selección Galega proclámase campioa da Copa das Rexións UEFA". Real Federación Galega de Fútbol. 18 de xuño de 2023. 
  112. "Éxtasis histórico como campeona de España". DEPOR Sport nº 1.881 (en castelán). 5 de abril de 2010. p. 18. Archived from the original on 05 de marzo de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2015. 
  113. A Selección Galega conquista a XII Copa das Rexións UEFA tras gañar a Andalucía Real Federación Galega de Fútbol
  114. "Riazor, testigo del título en 1983". DEPOR Sport nº 1.178 (en castelán). 25 de abril de 2008. p. 25. [Ligazón morta]
  115. "Selecciones territoriales" (PDF). Mundo Deportivo nº 21.139 (en castelán). 9 de maio de 1990. p. 28. 
  116. "La copa voló a Galicia" (PDF). Mundo Deportivo nº 19.361 (en castelán). 10 de xuño de 1985. p. 20. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar