Selección de fútbol da Arxentina

equipo representativo da Arxentina nas competicións oficiais

A Selección de fútbol da Arxentina é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Asociación do Fútbol Arxentino (AFA), pertencente á Conmebol. Xogou o primeiro partido internacional fóra da Arxentina, o 16 de maio de 1901 en Montevideo. Dende aquela a selección arxentina converteuse nun dos equipos máis exitosos do fútbol mundial, sendo campioa en dúas ocasións da Copa do Mundo de Fútbol. O seu primeiro título mundial chegou en 1978, no campionato celebrado no seu propio país, onde superou aos Países Baixos na final. En 1986, liderada por Diego Armando Maradona, considerado como un dos mellores xogadores na historia, a selección arxentina repetiu coroa mundial, despois de derrotar na final a Alemaña Occidental. Ademais, foi finalista noutras tres ocasións (1930, 1990 e 2014). A Arxentina é xunto ao Uruguai, a selección que máis veces gañou a Copa América, lográndoo en quince ocasións. É tamén a selección que máis subcampionatos conseguiu na competición, nunhas catorce oportunidades.

Arxentina

Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Asociación do Fútbol Arxentino — AFA
Confederación CONMEBOL (Suramérica)
Código FIFA ARG
Alcume La Albiceleste
Clasificación FIFA 4 (31 de marzo de 2022)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Lionel Scaloni
Máis encontros Lionel Messi (162)
Máximo goleador Lionel Messi (86)
Estrea internacional
Uruguai Uruguai 2 − 3 Arxentina
Montevideo, Uruguai; 16 de maio de 1901
Maior vitoria
Arxentina 12 − 0 Ecuador (1900-2009) Ecuador
Montevideo, Uruguai; 22 de xaneiro de 1942
Maior derrota
Checoslovaquia Checoslovaquia 6 − 1 Arxentina
Helsingborg, Suecia; 15 de xuño de 1958
Bolivia 6 − 1 Arxentina
A Paz, Bolivia; 1 de abril de 2009
España España 6 − 1 Arxentina
Madrid, España; 27 de marzo de 2018
Copa do Mundo
Participacións 17 (primeira en 1930)
Mellor resultado Campións (1978, 1986, 2022)
Copa América
Participacións 42 (primeira en 1916)
Mellor resultado Campións (1921, 1925, 1927, 1929, 1937, 1941, 1945, 1946, 1947, 1955, 1957, 1959, 1991, 1993, 2021)

En 1992, o equipo arxentino gañou a primeira edición da Copa Confederacións da FIFA, en tanto que en 1995 como no 2005 disputou a final do torneo. Ademais, a Arxentina é a selección con máis títulos da Copa de Campións CONMEBOL–UEFA, que gañou en 1993 e 2022, diante de Dinamarca e Italia respectivamente.

Nos Xogos Olímpicos a selección arxentina obtivo dúas veces a medalla de ouro, en Atenas 2004 e Pequín 2008. Á súa vez, gañou a medalla de prata en 1928 e en 1996. O seleccionado xuvenil Sub-20 é o máximo campión da Copa Mundial da categoría, con 6 títulos en 1979, 1995, 1997, 2001, 2005 e 2007. Ademais foi finalista na edición de 1983. Arxentina e Francia son as únicas seleccións do mundo que gañaron a Copa Mundial, os Xogos Olímpicos e a Copa Confederacións.

En marzo de 2007 o combinado arxentino alcanzou por primeira vez o posto un na clasificación da FIFA. Aquela mención duroulle só ese mes, aínda que en outubro de 2007 volveu situarse ao tope da clasificación ata xullo de 2008.

Historia editar

 
A selección en 1964.

Arxentina é unha das seleccións de fútbol con máis éxito do mundo, vencedora da Copa do Mundo de 1978 e da Copa do Mundo de 1986, quince Copas América, a Copa Confederacións 1992 e de dúas medallas de ouro olímpicas, a primeira nas Xogos Olímpicos de 2004 e a segunda en 2008. Sumando tódolos seus títulos oficiais organizados pola CONMEBOL e pola FIFA, Arxentina é a selección que máis títulos ten do mundo xunto coa de Uruguai, aínda que considerando que noutras confederacións os títulos continentais xóganse en períodos moito máis amplos de tempo. Arxentina é unha das únicas seleccións do mundo en conquistar a "cuádrupla coroa", xa que gañou a Copa do Mundo, a Copa das Confederacións, a Copa América e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos. A outra selección en conseguir tal feito ao longo da historia é Francia.

A albiceleste disputou cinco finais de Copa do Mundo. Na súa primeira final, en 1930, perderon por 4 a 2 contra Uruguai. Os arxentinos non volverían a chegar a unha final até 1978 onde, esta vez si, conseguen o seu primeiro título ao vencer aos Países Baixos por 3 a 1. A curiosidade deste mundial foi o xeito de clasificarse á rolda eliminatoria final, Arxentina tiña que vencer por unha diferenza de catro goles para se clasificar, cando só metera dous até ese partido, e acabou vencendo por 6 a 0 con mérito para o pobre xogo que tivo nese partido Perú, acabando ademais coa participación no mundial de Brasil. A selección arxentina tamén gañou en 1986, nunha campaña con vitorias sobre tradicionais seleccións como Uruguai (oitavos de final), Inglaterra (cuartos de final, no partido no que Maradona anotou o seu coñecido gol coa man), Bélxica en semifinais e Alemaña Occidental (final). Volveu acadar a final catro anos despois, en 1990, cando perdeu por 1 a 0 de novo contra Alemaña Occidental. A continuación tivo que esperar 24 anos para volver disputar unha final dun Mundial, conseguíndoo no campionato celebrado en 2014 no Brasil, onde o conxunto liderado no campo por Lionel Messi, chegou ata o partido decisivo no Maracanã, caendo pola mínima ante Alemaña.

En canto a outras competicións internacionais, a Arxentina é, xunto coa selección do Uruguai, a selección que máis veces gañou a Copas América na historia, vencéndoa quince veces, alén dos campionatos Suramericanos "extras" en 1941, 1945 e 1946. En canto aos Xogos Olímpicos, no ano 2004, Arxentina gañou a súa primeira medalla dourada da súa historia: venceron tódolos partidos, tiveron o mellor ataque da competición e non recibiron nin un só un gol. Alén da medalla de ouro, aínda tiveron o máximo goleador do campionato, Carlos Tévez, con nove goles. Nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, a selección albiceleste volveu a conquistar a medalla de ouro de novo sen coñecer a derrota. En cuartos de final bateu aos Países Baixos (2 a 1), en semifinais gañou a un dos seus clásicos rivais, Brasil (3 a 0) e na final derrotou a Nixeria por 1 a 0. A selección arxentina ten tamén dúas medallas de prata obtidas nos Xogos Olímpicos de 1928 e nos de 1996.

Uniforme editar

O uniforme oficial da selección axentina componse dunha camiseta de franxas brancas e celestes (de aí o alcume que recibe a selección: La Albiceleste), pantalón negro raias brancas e medias brancas con raias celestes. O uniforme oficial alternativo componse de camiseta e medias azul e pantalóns brancos.

Galería de camisetas editar

Resultados editar

Xogadores editar

Máis partidos disputados editar

Actualizado a 6 de xuño de 2022.

 
Javier Zanetti, terceiro futbolista con máis partidos.
# Nome Período Partidos Goles
1 Lionel Messi 2005- 162 86
2 Javier Mascherano 1995-2007 64 35
3 Javier Zanetti 1994-2011 147 5
4 Ángel Di María 2008- 122 25
5 Roberto Ayala 1994-2007 115 7
6 Diego Simeone 1988-2002 106 11
7 Sergio Agüero 2006-2021 101 41
8 Oscar Ruggeri 1983-1994 97 7
9 Sergio Romero 2009-2018 96 0
10 Diego Maradona 1977-1994 91 34
11 Nicolás Otamendi 2009- 91 4
12 Ariel Ortega 1993-2010 88 17
13 Gabriel Batistuta 1991-2002 78 56
14 Juan Pablo Sorín 1995-2006 75 11
15 Carlos Tévez 2004-2015 76 13

Máximos goleadores da selección editar

Actualizado a 6 de xuño de 2022.[1]

 
Lionel Messi, máximo goleador da Selección Arxentina.
# Xogador Período Goles Partidos Media
1 Lionel Messi 2005- 86 162 0,52
2 Gabriel Batistuta 1991-2002 56 78 0,72
3 Sergio Agüero 2006- 42 101 0,41
4 Hernán Crespo 1995-2007 35 64 0,55
5 Diego Maradona 1977-1994 34 91 0,37
6 Gonzalo Higuaín 2009-2018 31 75 0,41
7 Ángel Di María 2008- 25 122 0,20
8 Luis Artime 1961-1967 24 64 0,38
9 Daniel Passarella 1976-1986 23 70 0,33
10 Leopoldo Luque 1975-1981 22 45 0,49
11 Herminio Masantonio 1935-1942 21 19 1,11
José Sanfilippo 1956-1962 21 28 0,75
13 Mario Kempes 1973-1982 20 43 0,47
Lautaro Martínez 1942-1947 20 38 0,53
15 René Pontoni 1942-1947 19 19 1
Norberto Méndez 1945-1956 19 31 0,61
José Manuel Moreno 1936-1950 19 34 0,56

Adestradores editar

 
Jorge Sampaoli, adestrador da selección arxentina entre 2017 e 2018.


Palmarés editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar