Segunda división española de fútbol sala

A Segunda División de fútbol sala (ata 2011 chamada División de Prata) é a segunda categoría de fútbol sala en España, organizada pola Liga Nacional de Fútbol Sala. Atópase por baixo da Primeira División (antes División de Honra), máxima categoría do fútbol sala, e dispútase dende 1993.

Segunda División de fútbol sala

Fundación1993
RexiónEspaña España
Andorra Andorra
Equipos16
AscensoPrimeira División
DescensoSegunda División B
Actual campiónFC Barcelona B
OrganizadorLiga Nacional de Fútbol Sala
Sitio webwww.lnfs.es
Segunda División 2017–18

Sistema de competición editar

O sistema de competición enfronta aos equipos da liga entre eles en dúas ocasións: unha como local e outra como visitante. Ao compoñerse actualmente a Segunda División de 16 equipos, a liga conta con 30 xornadas na súa fase regular. Séguese o sistema de puntuación FIFA, con 3 puntos por vitoria, 1 por empate e 0 por derrota. Na liga regular non hai prórrogas e o partido conclúe cando finaliza o tempo regulamentario.

Ao finalizar a tempada regular, o primeiro clasificado ascende a Primeira División. Pola súa parte, os equipos que finalicen entre o segundo e o quinto posto xogarán un playoff a ida e volta, con terceiro partido de desempate. Os equipos filiais non poden ascender nin xogar a promoción de ascenso. Por outro lado, os tres últimos clasificados descenden a Segunda División B (antes Primeira Nacional A).

Ao longo da súa historia, a Segunda División tivo distintas estruturas. Na súa creación establecéronse tres grupos, onde os equipos repartíanse en terzo noroeste da península, terzo nordés e terzo sur. Así mantívose ata a tempada 2007-2008, na que xa só quedaron establecidos dous grupos (norte e sur) e, na tempada 2009-2010, foi a última na que o campionato contou con 30 participantes divididos en dous grupos segundo a súa situación xeográfica. Con todo, os problemas económicos de moitas entidades obrigaron á LNFS a establecer unhas condicións económicas máis estritas, que reduciron o número de participantes.

Equipos participantes editar

Equipos da tempada 2017/18 editar

Equipo Cidade Comunidade Autónoma
Bisontes Castellón Castelló de la Plana   Comunidade Valenciana
Elche CF Elx   Comunidade Valenciana
ElPozo Ciudad de Murcia Murcia   Rexión de Murcia
FC Barcelona B Lassa Barcelona   Cataluña
FS Ciudad del Vino Valdepeñas Valdepeñas   Castela-A Mancha
FSD Puertollano Puertollano   Castela-A Mancha
Itea Córdoba Córdoba   Andalucía
Manzanares FS Manzanares   Castela-A Mancha
Noia Portus Apostoli Noia   Galicia
Pescados Rubén Burela Burela   Galicia
Prone Lugo Lugo   Galicia
Real Betis Futsal Sevilla   Andalucía
Rivas Futsal Rivas-Vaciamadrid   Comunidade de Madrid
Software DELSOL Mengíbar Mengíbar   Andalucía
Tenerife Iberia Toscal Santa Cruz de Tenerife   Canarias
UMA Antequera Antequera   Andalucía

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar