O segmento B é un segmento de automóbiles que se sitúa entre os segmentos A e C. Xeralmente teñen espazo para catro adultos e un neno.

Fiat Palio, un automóbil de baixo custo do segmento B con carrocería hatchback.

Mentres que dúas décadas atrás os automóbiles do segmento B medían uns 3,75 m de longo, actualmente estes vehículos roldan os 4,00 m en carrozaría hatchback, monovolume ou todo terreo, e 4,25 m no caso de carrozarías sedán e familiar. Os motores son case sempre de catro cilindros e as súas cilindradas adoitan estar entre 1,0 e 2,0 litros.

Segundo o tipo de automóbil, un automóbil pode estar nalgún subsegmento. Un automóbil de turismo do segmento B denomínase "polivalente", "utilitario", "compacto pequeno" ou "subcompacto"; un monovolume deste tamaño é un "minimonovolume", e un todo terreo do segmento chámase "mini todo terreo".

Véxase tamén editar

Outros artigos editar