Un sedán, ou berlina[1] cando se trata dun sedán de gran tamaño, ou coche saloon en Gran Bretaña e Irlanda, é un vehículo de pasaxeiros cunha configuración de tres corpos con piares A, B e C no que os volumes principais articúlanse en compartimentos separados para o motor, os pasaxeiros e a carga.[2] O habitáculo conta con dúas filas de asentos e un espazo adecuado para os pasaxeiros adultos no compartimento traseiro. O compartimento de carga está polo xeral na parte traseira, coa excepción dalgúns modelos de motor traseiro, como os Renault Dauphine, Tatra T613, Volkswagen Tipo 3 e Chevrolet Corvair. É unha das carrozarías de coche máis comúns.

Nomenclatura dos piares no automóbil, útil á hora de seguir as explicacións. Un sedán (tres corpos), rancheira (dous corpos) e hatchback (dous corpos) da mesma gama de modelos.
Esquema dun sedán tricorpo sobre un coche bicorpo da mesma gama de modelos.

Tipos de sedáns editar

Existen varias versións da carrozaría, sempre con dúas ou catro portas e as variantes fastback de ambos.

Un sedán ten asentos para catro ou máis persoas, ten un teito fixo que ocupa toda a altura ata a luneta traseira. A estrutura da cuberta ten un piar B fixo. Os máis comúns son os catro portas, os modelos de dúas portas son raros, pero hainos (sobre todo historicamente).

Os sedáns de catro portas poden ter dúas ou tres xanelas laterais: unha en cada porta (as xanelas de ventilación non se contan), e unha terceira posible, integrada no piar "C".

Sedáns Notchback editar

 
Chevrolet Impala de 1962, un sedán típico de catro portas.

Un sedán notchback é un sedán tricorpo, onde o habitáculo de pasaxeiros está claramente diferenciado do volume do maleteiro do vehículo (cando se ve desde o lado). O teito está nun plano, en xeral paralelo ao chan, a xanela traseira nun ángulo agudo co teito, e a porta do maleteiro tamén está paralela ao chan.

Sedáns Fastback editar

 
Plymouth sedán fastback de 1941.

Un sedán fastback é un sedán dous-corpos, cun formato de carrozaría no que o vidro traseiro está case horizontal e paralelo á cola, formando un plano continuo. Xa que a silueta dun fastback carece de crebes na parte posterior, adoita ter un coeficiente aerodinámico menor que un tricorpo similar.

Historicamente, este formato está xeralmente asociado a unha carrozaría cupé. Tanto é así que os cupés que non teñen un formato fastback chámanse ás veces "sedán de dúas portas" en lugar de cupé. Con todo, os automóbiles con outras carrozarías poden ter trazos de fastback. Por exemplo, varios modelos de Citroën con carrozaría sedán das décadas de 1970 e 1980 tiñan a porta do maleteiro case tan inclinada como o vidro (Citroën DS).

Algúns dos primeiros automóbiles con carrozaría hatchback tiñan o vidro traseiro case tan inclinado como un fastback. Este formato popularizouse en Europa, en particular nos modelos do segmento D, e evolucionou ao agregarse un pequeno chanzo ao final do vidro. Este formato coñécese hoxe como liftback.

Ao longo da década de 2000, o vidro traseiro dos automóbiles con carrozaría sedán volveuse cada vez menos vertical. Ao suavizarse a quebra co teito e a porta do maleteiro, a silueta vaise asemellando á dun fastback. O exemplo máis radical disto é o Mercedes-Benz Clase CLS, un sedán de catro portas con silueta fastback que foi publicitado como "cupé de catro portas".

Sedáns Hardtop editar

Artigo principal: Hardtop.
 
AMC Ambassador sedán hardtop de 1958.

Os Hardtop ("teito ríxido") eran orixinalmente un tipo de carrozaría de automóbil na que se podía sacar o teito. A diferenza doutros convertibles, estes modelos teñen un teito completamente ríxido, que non se pode gardar no maleteiro.

Destes Hardtop convertíbeis hai dúas variedades: os Detachable Hardtop (convertíbeis), e os Retractable Hardtop Roofs (retráctís).

Na terminoloxía histórica, un sedán ten un marco ao redor das xanelas das portas, mentres que un hardtop ten o vidro da porta sen marco. Un verdadeiro deseño dun sedán hardtop tampouco conta con ningún piar "B" central para soportar o teito detrás das portas dianteiras.[3] Este estilo da carrozaría sen piares ofrece unha maior visibilidade.[4] Pero, require un reforzo adicional debaixo da carrocería para lograr unha maior rixidez estrutural. O deseño ríxido pode considerarse por separado, é dicir, un vehículo pode ser chamado simplemente un hardtop de catro portas, ou pode ser chamado un sedán hardtop. Durante os anos 1960 e 1970, os sedáns hardtop eran vendidos como sedáns deportivos por varios fabricantes americanos e estaban entre os estilos de carrozaría máis vendidos. Durante a década de 1980, os fabricantes de automóbiles nos Estados Unidos centráronse na eliminación de peso e o aumento da forza, e os seus novos sedáns de catro portas con piares B foron chamados pillared hardtops ou pillared sedans. O termo sedán deportivo usouse desde entón para outros usos. No Xapón, o deseño de teito duro utilizouse para varios tipos de sedáns de luxo durante a década de 1990.

Sedáns Hatchback editar

 
Chevrolet Malibu Maxx sedán hatchback.

Os sedáns Hatchback (Liftback) adoitan ter o perfil dos fastback, pero en lugar dunha porta no maleteiro, toda a parte posterior do vehículo elévase (cunha comporta levadiza ou portón). Un vehículo de catro portas para pasaxeiros e portón na parte traseira pode ser chamado hatchback de catro portas, sedán catro portas hatchback, ou sedán cinco portas. Un exemplo son os Chevrolet Malibu Maxx e o Audi A5 Sportback. Tamén pode haber sedáns de dúas portas hatchback (sedán tres portas), pola mesma explicación técnica dos sedáns de dúas portas. Exemplos deste deseño son o Volkswagen Golf e o Chevrolet Chevette.

Limusinas (automóbiles con chofer) editar

Artigo principal: Limusina.
 
O Lincoln Town Car utilízase a miúdo como coche con chofer.

En sentido estrito un sedán limusina ten un compartimento separado para o condutor e un compartimento para os pasaxeiros, é suficientemente longa para conter polo menos dous cómodos asentos, orientados cara a adiante. Os vehículos utilizados adoitan ser Lincoln Town Car, Cadillac, Mercedes ou Rolls-Royce e Maybach para os máis ricos. Limusina e un termo para referirse a un sedán grande, especialmente se é para prestar un servizo. As limusinas con chofer son utilizadas principalmente por particulares para as vodas, as empresas para as reunións de negocios, así como en aeroportos e transporte de turistas. Os choferes son condutores profesionais, polo xeral con experiencia na industria do transporte ou na industria turística. Estes automóbiles con chofer son de propiedade particular, servizos de alugueiro ou corporacións. As grandes corporacións e os gobernos adoitan proporcionar os sedáns de luxo ós altos executivos, así como invitados VIP. Algunhas limusinas, como o Lincoln Town Car, poden ser estiradas e son capaces de albergar ata vinte persoas.

Terminoloxía editar

 
Cadeira Sedan transportada por dúas persoas.

Orixe editar

Artigo principal: Liteira (vehículo).

A palabra sedán ven posiblemente dun dialecto italiano do sur, deriva de sedia "cadeira" (o primeiro sedán dicíase que fora introducido desde Nápoles). Pero os navegantes e colonizadores españois e portugueses atoparon liteiras de varios tipos da India, o Xapón, México e o Perú. Foron importadas a España no século XVI. Pronto a moda estendeuse a Francia e Inglaterra. Todos os nomes derivan da raíz "sed-" do latín "sella", o nome tradicional dunha cadeira.[5].

O primeiro automóbil en utilizar esta configuración realizouse en 1899, o Renault Voiturette Tipo B. O primeiro coche pechado para polo menos 4 persoas, que utilizou a palabra sedán foi o sedán Speedwell de 1911, que foi fabricado pola Speedwell Motor Co en Dayton, Ohio.[6] Ata ese momento os automóbiles completamente pechados eran chamados salóns ou limusinas, como o Rational 4 portas limusina de 1905[7] ou o Renault 4 portas limusina de 1907[8] ou o Stella 2 portas saloon de 1910.[9] As palabras saloon ou limusina non significan exclusivamente un coche totalmente pechado.[10] Os chamados sedáns son case sempre totalmente pechados. O termo "sedán convertible" foi utilizado na década de 1930 para describir un coche cunha capota de lona pregable e fiestras enrolables, moi parecido a un cupé convertible.

A procedencia da cidade de Sedan, Ardennes en Francia, onde se di que se produciron ou utilizaron en primeiro lugar, carece de evidencia histórica, de acordo co Dicionario Inglés de Oxford.

Terminoloxía internacional editar

Noutros idiomas, os sedáns son coñecidos como berline (francés), berlina (castelán, portugués europeo, romanés e italiano), aínda que estes termos tamén poden incluír xanelas traseiras. En alemán o termo limusina utilízase para os sedáns, e "limusina estirada" para limusinas.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para berlina.
  2. "Car Design Glossary - Part 2: One-Box (Monospace or Monovolume)". Car Design News. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 09 de abril de 2013. The principal volumes of the traditional sedan can be split into separate compartments or boxes: the hood/bonnet is the first box; the passenger compartment the second, and the trunk/boot the third - i.e. it's a 'three-box' car. 
  3. Thomas, Alfred; Jund, Michael (2009). Collision repair and refinishing: a foundation course for technicians. Cengage Learning. p. 164. ISBN 978-1-4018-8994-4. Consultado o 28 February 2013. 
  4. "Rambler has everything new - even a hardtop wagon". Popular Mechanics 105 (1): 116–117. 1956. Consultado o 28 February 2013. 
  5. T. Atkinson Jenkins. "Origin of the Word Sedan", Hispanic Review, Vol. 1, No. 3 (Jul., 1933), pp. 240-242.
  6. Georgano, G.N. (1985). Cars: Early and Vintage, 1886-1930. London: Grange-Universal. page 87
  7. Georgano, G.N.: The Complete Encyclopedia of Motorcars: 1885 to the Present, 2. Ausgabe, E. P. Dutton, New York (1973), page 573, ISBN 0-525-08351-0
  8. Georgano, G. N.: The Complete Encyclopedia of Motorcars: 1885 to the Present, 2. Ausgabe, E. P. Dutton, New York (1973), page 578, ISBN 0-525-08351-0
  9. Georgano, G.N.: The Complete Encyclopedia of Motorcars: 1885 to the Present, 2. Ausgabe, E. P. Dutton, New York (1973), page 649, ISBN 0-525-08351-0
  10. There are many photos of half open limousines and saloons in the book "The Complete Encyclopedia of Motorcars: 1885 to the Present" by Georgano, G.N..

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar