Sebastián de Ocampo

explorador galego

Sebastián de Ocampo, nado en Noia en 1460 e finado en Sevilla en 1514, foi un navegante e explorador galego que participou na segunda viaxe de Cristovo Colón.

Sebastián de Ocampo
Nacemento1460
Lugar de nacementoNoia
Falecemento1514
Lugar de falecementoSevilla
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónexplorador
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi o primeiro navegante que circunnavegou a illa de Cuba no ano 1508 tras un encargo que lle fixo o gobernador de Santo Domingo para saber se Cuba era unha illa e se podía colonizar. Dende Santo Domingo partiu con dous barcos, navegou o longo da costa setentrional de Cuba, recalou na Habana, e tras dobrar o cabo de San Antonio volveu ó seu punto de destino polo sur da illa, comprobando así que Cuba era unha illa moi grande e fértil habitada por xente moi acolledora.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Mira Caballos, Esteban (1996). "En torno a la expedición de Sebastián de Ocampo a la Isla de Cuba (1506)". Revista de Indias 56 (206): 199–205. ISSN 0034-8341. 
  • Mena-García, Carmen (2012). "Aquí yace Sebastián de Ocampo, que Dios perdona (perfil biográfico de un mercader indiano)". Anuario de Estudios Americanos (Sevilla) (69-2): 535–568. 

Outros artigos editar