Sebastián de Aparicio

beato franciscano galego

Sebastián de Aparicio Prado, nado na Gudiña o 20 de xaneiro de 1502 e finado en Puebla (México) o 25 de febreiro de 1600, foi un relixioso franciscano galego.

Infotaula de personaSebastián de Aparicio

escultura de Sebastián de Aparicio na Gudiña Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1502 Editar o valor em Wikidata
A Gudiña Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 1600 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Puebla de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaEstado de Puebla Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Castela Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica latina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmisioneiro , relixioso cristián , arriero (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa25 de febreiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A lenda conta que un lobo o curou da peste bubónica cando rapaz[1]. De mozo foi á seitura a Castela, e posteriormente traballou como xornaleiro en Zafra e como criado en Sanlúcar de Barrameda. En 1533 emigrou a México, onde se estableceu na cidade de Puebla como agricultor e gandeiro, e posteriormente entrou no mercado do transporte por estrada, onde avogou pola construción da Ruta da Prata mexicana e mais polo emprego de animais no transporte de mercadorías, en substitución de humanos indíxenas. Logo mercou propiedades na Cidade de México e trasladouse a vivir nelas (en Chapultepec e Atzcapotzalco). Casou por dúas veces, en 1562 e 1564, con dúas rapazas novas, mais as dúas faleceron de forma rápida.

En 1573 doou todas as súas propiedades a un convento de clarisas e ingresou nel como traballador. Ao ano seguinte fíxose frade franciscano en Cidade de México e en 1575 entrou nun convento en Tecali de Herrera, preto de Puebla. En 1576 marchou ao convento de Puebla, onde permaneceu ata a súa morte, traballando como esmolante. Alcumárono "o frade das carretas".

Foi beatificado o 17 de maio de 1789 polo seu labor misioneiro en México. Os seus restos están expostos na igrexa de San Francisco, en Puebla.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar